Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

¿final da champions?

5 participantes

Ir abajo

¿Cal será a final da champions?

¿final da champions? Vote_lcap67%¿final da champions? Vote_rcap 67% 
[ 4 ]
¿final da champions? Vote_lcap0%¿final da champions? Vote_rcap 0% 
[ 0 ]
¿final da champions? Vote_lcap17%¿final da champions? Vote_rcap 17% 
[ 1 ]
¿final da champions? Vote_lcap16%¿final da champions? Vote_rcap 16% 
[ 1 ]
 
Votos Totales : 6
 
 

¿final da champions? Empty ¿final da champions?

Mensaje  Lucho Lun Abr 20, 2009 8:39 pm

Esta é a pregunta que todos queren contestar-

Expresadevos sen medo


A miña opinion esta clara: Manchester - Barsa será a final da champions sen lugar a dubidas.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  Penka Mar Abr 21, 2009 1:02 pm

Pois desta vez, eu tamén coincido con Milu, e penso que o Manchester e o Barsa disputarán este trofeo

Penka


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Ida de semifinais

Mensaje  Pedro Vie Mayo 01, 2009 2:45 pm

Hola chavales que tal todo? agardo que vaia todo ben, tanto no que atinxe o fúbol como o resto de facetas.
A verdade é que estaba un pouco desconectado do tema do foro, pero non puiden resistir a tentación de entrar e comentarvos que: a verdade que non sei cal será a final da Champions, pero sería unha verdadeira inxustiza que non estivese o Barça. Non son obxetivo neste tema porque son culé ata a médula. Pero o martes tiven o enorme privilexio de presenciar en directo o partido de ida de semifinais que enfrontou o Barça co Chelsea no impoñente estadio do Camp Nou, cheo ata a bandeira!!!.
Teño visto algún partido de primeira división na Coruña, e tal, pero non hai cor. O estadio semibaleiro as sete e pico da tarde, semellaba que non se ía encher, pero as 20:45 non collía un puto alfiler.
Soaron os acordes do himno: "tot el camp..." (aínda se me pon a pel de galiña agora o lembralo), tremendo mosaico na grada de Xeral, e comeza a sonar o himno da Champiions e os rapaciños a ondear o balón de estrelas no medio campo (e sigo coa pel de galiña).
Eu tiña a idea que no Camp Nou a afección era un pouco finolis e que se limitaba a ver o que acontecia sen protestar moito, pero era unha percepción erronea. Todo o mundo metido no partido, protestando as decisión arbitrais, recoñecendo a labor dos xogadores: coreando "Marquez, Marquez," cando se foi lesionado,"Iniesta, Iniesta" cando este fixo dúas xenialidades seguidas (ves o Iniesta na tele e cagaste, pero en directo...,e que é un tipo flaquiño, parece endeble, e como regatea, como conduce, que visión de xogo, o Balack non podía nin arrimarselle e coseuno a patadas), pero entre todas as ovacións quédome coa que lle tributaron en dúas ocasións a Iuliano House Belletti, cando saiu a quentar, e cando saltou o terreo de xogo. O heróe de Paris voltaba o santuario. O tipo flipaba eu penso que incluso chorou.
Vin crónicas nos xornais, sobre todo os da prensa madrileña, que falaban dun mal partido do Barça, e eu para nada o vin así. O único que quixo xogar o fúbol foi o Barça, e como a tocan os cabróns, nesa alfombra semella máis fácil, pero aínda así. Crearon ocasións suficientes como para levar un resultado máis positivo para a volta. Ocasións de Etoo, Xavi, un tiro de Iniesta desde fora, outra de Henry, Hleb, Bojan, outra de Etoo.
O inicio da segunda metade foi nefasto coa lesión de Márquez, o golpe que levou Henry...pero logo foronse entonando e os fucking english non a cheiraron, limitaronse a dar patadas e correr detrás da pelota.
Sería tremendamente inxusto que o Barça non estivera na final de Roma, pero no fúbol poden pasar cousas deste tipo. O partido de Stamford Bridge non vai ser nada fácil, porque seguro que o Chelsea vai xogar con outra intensidade, e outro plantexamento, pero sigo repetindo que sería tremendamente inxusto.
A única pena coa que me quedo e co discreto partido que fixo Messi, non sei se porque está fundido si porque o desquiciaron completamente. Sempre que quería facer un desmarque agarron de Bosinwa, collía a pelota e dous fulanos vixiando, si se marchaba do primeiro o segundo facía unha falta, o final estaba máis fora do partido que outra cousa.
Seguro que se me quedaron moitas cousas atrás que quixera comentar, moitos detalles, moitas imaxes, pero noutra ocasión conto outra vez a "batallita", porque esta batallita vaime a dar moito xogo, e seguro que me vou acabar facendo pesado de tantas veces que a vou contar: "aquel 28 de abril do ano nonseique cando eu estiven no campo do Barça, bua!! vaia partidazo" jejeje
Supoño que haberá quen non esté dacordo comigo, pero eu estou moi contento do espectáculo que presenciei, e agora imaxinadevos a musiquiña da Champions: "this is the Champiooons!!!!"
Ata pronto e sorte non vindeiros enfrontamentos

Pedro


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  Lucho Sáb Mayo 02, 2009 1:39 am

Buenasssss emigrante, que tal a vida no exilio? jodida non? espero todo che vaia ben.

Non sabes a envidia que me entrou ó leerche....ten que ser impresionante (agora que xa estiven presente no bernabeu vendo un bodrio de partido, xurei que tamén asistiría como público ó Camp Nou).

En canto ó partido, en moitas cousas estou de acordo contigo. O barsa tivo ocasións para gañar e foi o único que quixo xogar a esto do fútbol, pero a verdade e que dende o principio veuse que o barsa non estaba cómodo, parece mentira pero parecía como se a algúns xogadores lle estivese vindo grande o partido (fallábanse pases sinxelos nos que vías que algo non ía ben), ainda así as ocasións de Bojan e Etoo foron moi claras e se este último tivese algo máis de visión e lla tocara a Henry (da gusto velo coller o balón e decidirse a encarar unha e outra vez como nos seus mellores tempos) agora estariamos falando dunha pequena renda que levarnos a Inglaterra.

O de volta será un gran partido e moi duro sen un central de garantias para parar a Drogba, eu creo que Pep apostará por Abidal de central e Silviño de lateral.Pero eu confio en pasar a gran final.

Ademais sempre nos quedará o gran Andrés....


Saúdos Pedro.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  Penka Lun Mayo 04, 2009 7:09 pm

Hola Pedro, que suerte ... ver o partido da champions (ca súa música no estadio), que ben. A verdade é que presenciastes un partido moi defensivo por parte do Chelsea, porque me parece que tirou á portería só no fallo de Márquez, eu esperaba que lle fixese algo máis de fronte, pero non foi así. Lástima das ocasións erradas polo Barsa, que lle suporía levar unha renda par a volta. De todos modos, eu penso que vai pasar á final. Laughing

Saúdos

Penka


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  lepe Lun Mayo 04, 2009 11:11 pm

pois eu penso que a final vai ser chelsea arsenal e penso esto por que penso que o chelsea vai esperar o barcsa ordenado como fixo o valencia e non o madrir e vaino matar en duas contars dado os xogadores que ten de medio do campo en diante e tendo en conta a mais que salientable baixa de marquez e Puyol e unha linea moi bulnerable eso si e digo de ante man penso que se merecia ser xusto finalista polo seu futbol pero dame a espiña que no, e na outra vexo o arsenal mellor e penso que o van dar todo neste partido, ademais fisicamente tan mellor co manchester e levan moitos anos chegando e quedando as portas e penso que este vai ser o seu ano ademais fabregas tera que ganar a copa de europa co arsenal este ano por que po ano gana co madrid jojojo

lepe


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  kasillas9 Mar Mayo 05, 2009 5:28 pm

Ainda que son merengito merengon a min porque non decilo tamen me mete envidia o escoitarche falar asi dun estadio a mais tal e como ta o Barca,pero pido e desexo que a final sexa un Chelsea-Arsenal.
1º Chelsea porque asi o Barca non chegaria mais alo na Champions, o meu torneo da alma(para que mentir)memjoderiame verlle gañar outra copa de europa ao Barca,teño que recoñecer que isto traera cola e diran que mal español e todo iso.....a merda pois non non non non que o Barca quede fora.
2º O Arsenal porque creo que o futbol lle deve algunha alegria,porque creo que nos ultimos anos esta chegando pero non da rematado a faena,enton gstariame ver a Cesc na final.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  lepe Jue Mayo 07, 2009 3:00 pm

pois vai ser quer a final e Barca-Chelsea enhoraboa os cules a verdad que merecido, pero si a perdedes tampouco pasa nada jajaja

lepe


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  Lucho Jue Mayo 07, 2009 8:48 pm

Emocionante, apasionante, acojonante....asi foi o desenlace final do partido da semifinal de champions de onte. Corría o minuto 93 dun partido que parecía perdido, outro ano un equipo inglés cun fútbol precario parecía que nos ía deixar ás portas da final. Non crearamos nin unha soa ocasión en todo o partido, o Chelsea anulou o Barsa dende o minuto nove cando un impresionante lanzamento de Essien poñía o partido donde máis lle gustaba a Hiddink (ese adestrador amante do bo fútbol din.. Suspect ), meteronse once atrás arriando estopa e o barsa non supo en ningú momento desarmar esa plagada defensa (un alves horrible, un Etoo desaparecido, un messi con pouco protagonismo...), estaba máis que claro que co paso dos minutos o Chelsea ía ter máis e máis ocasións de coller o contraataque e matar o partido (tivo unhas cuantas), a defensa do barsa era de circunstancias e o bo traballo de Toure pelexando con Drogba veuse reflectido negativamente no medio campo donde Keita non é nin moito menos un xogador do nivel do Barcelona e Busquets estivo simplemente correcto. Foi Valdés (moitas veces criticado por min) quen se encargou de salvar ó barsa neste tempo.

Como non podía ser de outra maneira a polémica saltou varias veces, o Chelsea ten motivos de sobra para estar moi cabreado, porque birlaronlle un par de penaltys bastante claros. Ainda así o arbitro ía a cometer outro erro expulsando a Abidal e, parecía por aquel entonces, finiquitando a eliminatoria.

Pero nada diso, ante dez homes, o Chelsea non se lle subiron os colores e perpetrouse na portería de novo a aguantar a un barsa mermado. Aquí foi donde outra noite inolvidable do barsa me veu á cabeza, aquela noite en Kaiserlauten que tanto me fixo saltar de alegría, e comenteille ó khan: " Esto vai ser unha Bakerada" (quizais levado por unha falsa ilusión)

Cando no único centro decente dun Alves desdibuxado, o balón caeu nos pés de Messi, quen levantando a cabeza (cousa inusual) puxolle un balón atrás para que Andresito dende a frontal da área cun zapatazo co exterior plantase o esférico na escadra da portería defendida por Cech....todo tiña máis emotividade ó ser Andrés o autor do tanto, o triunfo da sencillez, da humildade,do crack formado na casa (deses hai uns cantos) e sobre todo da calidade e do bo fútbol.

A celebración do crack Albaceteño resume as claras o sentimento blaugrana nese intre, ver a cara desencaixada dun chaval que permanece impasible mentras lle arrian patada tras patada, partido tras partido, que simplemente esboza unha sonrisa cando marca un gol,non tiña precio.

O gol chegou cando menos o esperabamos, quizais hai so dúas maneiras de gañarlle a un antifútbol que me enchan completamente. O Sabado pasado disfrutei unha no bernabeu (lección de fútbol e chaparrón de goles) e a outra vivina onte (mal partido, gol no último minuto e roubado).

Quizais haxa quen pense que o do Chelsea é unha forma lícita de plantexar un partido como outra calquera, e que debía haber pasado a eliminatoria si o arbitro non fose tan malo, estou de acordo. Pero para min un equipo que se gasta millonada tras millonada cada verán e dispón de ese plantel de futbolistas non me pode facer esa oferta, porque así calquera pode pensar que o camiño para gañar titulos so é ese, negome a pensar eso.


Despois de toda esta chapa, outra enquisa que acerto...jojojo king

E agora a polo Manchester...
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  kasillas9 Vie Mayo 08, 2009 1:06 am

Pois mira miña media naranxa...........que sepas que me acabas de dar unha leccion........sisi. E verdade e non teño porque negalo,acabasma de facer ver doutra maneira o futbol. "Un equipo que se gasta millonada tras millonada todolos veran non pode xogar a eso" si señor tes toda a razon. Porque a min tamen ma gusta e teño que recoñecelo, velo Barca este ano, averdade e que xogan de libro,bueno recoñecer que cada vez gustame tamen ver a seleccion(antes por eso de ser español e agora para ver futbol). Si señor.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty final da champions

Mensaje  Pedro Vie Mayo 08, 2009 2:55 pm

En catro días visitei a Fonte de Canaletas dúas veces, e as dúas veces ateigada, e sen gañar nada aínda!!!!.

Pedro


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  Penka Sáb Mayo 09, 2009 1:47 pm

Pedro, cando gane algo, vai ser tremendo, xa non ves de volta Very Happy

Penka


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  Lucho Sáb Mayo 09, 2009 3:19 pm

Este Domingo colle o bañador que vas a darte un baño en Canaletas, esta vez si celebrando un titulo Twisted Evil grabame todo o que poidas por ahi jeje

Por certo, cambie de nome e de foto en homenaxe ó heroe da Chelsea.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

¿final da champions? Empty Re: ¿final da champions?

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.