Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Lampón 3 Taragoña 1

Ir abajo

Lampón 3 Taragoña 1

Envío  Iván el Lun Nov 22, 2010 12:24 am

Sucumbeu o equipo xuvenil no campo de vistalegre nunha tarde de forte vento. Para enfrontarse ó lampon o Taragoña repetiria o once das duas últimas semanas.

Prain na porteria, Antón e Andorra nos laterais, centrais serian Iván e Sucho, mediocentros Raul e Mateo, as bandas serian de Damián e Adrián, na mediapunta Alvaro e en punta Iván Ces.

No banco quedarian Luis, Iván Aritz e Sergio.
Causarian baixa Dani Ces, Dani, Miguel, Prole e Alexito.

Sustitucións (entra sae):

Sergio por Mateo min. 75
Iván Aritz por Iván Ces min. 76

Luis quedariase no banco ó lesionarse no descanso do partido.

Comezaria o encontro cun Taragoña durmido e apático no xogo, circunstancia q o Lampón aproveitaria pra facerse coa posesión do esferico e da zona ancha do campo. Pero apenas xerando perigo de cara a meta de Prain. Ata q nun rechace na frontal da área taragoñesa recolleo un xogador do lampón e o seu disparo axudado polo vento introduceo na mesma escadra no min.15.
Tralo batacazo sufrido o taragoña segui sen levantar cabeza e seguia intentando resistir as acometidas locais.
Ata q no minuto 40 o equipo deu un cambio radical, comzou a tocar e a fabricar xogadas unha boa combinacion no centro do campo remataria cun disparo ó longueiro de Alvaro e outra remataria cun centro lateral q Iván Ces non atina a rematar. Chegariase asi ó descanso.

NA segunda metade o Taragoña saiu decidido a darlle a volta o encontro, e botouse toda a segunda metade achuchando ó lampon no seu campo e xarando varias ocasións q sairian a escasos centímetros da porteria local. Resaltar un córner q un defensa sacou baixo paus. Ata q no minuto 80 cos visitantes volcados ó ataque unha boa combinación de Adrián con Damián acaba con este so diante do meta visitante e non perdoa poñendo as tablas no marcador.
Seguia o Taragoña volcado na área local, o q ninguen se podia imaxinar seria q o lampon se adintaria novamente no marcador, e isto sucedeu nun saque de banda local o xogador pon un centro Prain non acerta a atallar e o dianteiro local anticipase pra poñer o 2-1 no 88.

O taragoña xa a desesperada deixou o xusto atrás e meteu o resto de tres cuartos para adiante chegando a sacar seis corners seguidos nos q en dous deles o balón se paseou pola liña de gol sen q ninguen fora capaz de empurralo, outro tras tocar nun defensa foi ben repelido polo meta local e outro volveuno a sacar o porteiro na liña, cando xa se cantaba o gol, e na contra chegaria o 3º local q poria o 3-1 definitivo e q remataria con toda esperanza de remontada.

Inxusta derrota q alexa o Taragoña da parte alta da clasificación.
Positivamente quedome co despliegue q fixo o equipo no segundo tempo pero sen olvidar a primeira metade q abra q analizar pra evitar q se repita de novo. animos os xogadores e a pelexar polo derbi q se disputará o próximo sábado na Lomba as 12:00.


Nada mais un saúdo.

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro