Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 4 Xuño 0

Ir abajo

Taragoña 4 Xuño 0

Envío  Iván el Mar Nov 02, 2010 12:01 am

Primer partido da presente campaña q o equipo xuvenil disputaba no seu recinto, e primeira victoria no peto para o mesmo.

Despois da desastrosa imaxe ofrecida a semana pasada, o Taragoña queria demostrar q aquilo so foi un mal dia e q pode facer algo mais do q se vira. Para conseguilo teria q enfrontarse o Xuño un novato esta tempada na categoria do q non se tiña ningunha referencia.

Nesta tarde chuviosa o once q partiria de inicio seria o seguinte:

Prain baixo paus, unha liña de catro defensas na q Andorra e Antón ocuparian os laterais e Iván e Sucho o centro da zaga. Como mediocentros actuarian Mateo e Alexito e as bandas serian para Adrián e Damián. Na mediapunta Alvaro e na punta do ataque, regresaria Iván Ces trala lesión sufrida a semana pasada. Quedarian no banquillo Luis, Dani Ces, Dani, Raul e Prole e, caerianse da convocatoria, Migulel por motivos personais, Sergio por lesion e Iván Aritz por decisión técnica.

Comezaba o encontro e viase q o Taragoña iva en serio movendo o balón dun lado a outro con moita velocidade, ainda q o primeiro aviso dariao o xuño, nun despexe dun centrocampista visitante, dende o seu campo, q obrigou a Prain a relizar unha espectacular parada cando propios e extranos xa vian o gol no marcador. A partir de ai, monologo dos locais q, coas entradas polas bandas de Adrián e Damián destrozaban a defensa visitante.
No minuto 15 e tras desperdiciar xa tres man a man co porteiro visitante(todos foron fora), no rexeite do cuatro Alvaro tiralle un sombreiro o defensa xuñés e éste no intento de levarse o balón controlao coa man sinalandose o consecuente penalti. O propio Alvaro seria o encargado de transformalo, poñendo asi o 1-0 no electrónico. Os Taragoña non se conformaba co gol e queria mais, seguiu creando ocasión tras ocasión, coa esperanza de q algunha iva a entrar, e esta non se fixo de rogar, no minuto 30, un balon ben posto o espazo por Alvaro seria recollido por Adrián na esquina da área visitante, o propio gañaria a liña de fondo e, dende ali, poñeria un perfecto pase atrás q Iván Ces so teria q empurrar pra poñer o 2-0.
Dende aqui ata o descanso seguiu o dominio local, baixo a intensisima chuvia, tendo numerosas ocasións pra aumentar a vantaxe Taragoñesa.

No segundo tempo, despois de cambiar as camisetas empapadas por outras sequiñas(cousa q dende aqui se lle agradecer a directiva), o equipo xuvenil non baixou os brazos e no minuto 5, outro pase o hueco de Alvaro, aproveitariao Damián para, cun disparo cruzado, esatblecer o 3-0. A pertir de aqui o Taragoña xa se relaxaria un pouco e basaria o seu xogo en tocar no centro do campo, crear algunha q outra ocasion e deixar pasar os minutos, ainda q, tamén se levaria un par de sustos, duas contras dos visitantes serian ben resoltas por Prain, q estivo moi acertado todo o partido. Viria tamen o carrusel de cambios tipico nestas categorias e xa no minuto 80, Damián, cun perfecto disparo cruzado introduciria o balón na mesma escadra da meta visitante. Un bo gol para selar un bo partido do Taragoña.


Sustitucións (entra-sae):

Raul por Antón, min. 64
Dani por Alexito, min. 67
Dani Ces por Iván Ces, min. 72
Prole por Sucho, min. 75
Luis por Prain, min. 77

A vindeira semana visitarase ó artes colider da categoria con 6 puntos dos 6 posibles e q ven de gañarlle 4-1 o atl.Riveira. Intentarase seguir mostrando este bo xogo, e se e posible traer os tres puntos pra Taragoña. Un saudo

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro