Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Artes 0 Taragoña 3

Ir abajo

Artes 0 Taragoña 3 Empty Artes 0 Taragoña 3

Mensaje  Iván Miér Nov 10, 2010 2:21 am

Desprazabase o Taragoña a terras ribeirenses para enfrontarse a un dos invictos da liga, o Artes, nunha tarde de Sábado propicia para a practica do fútbol.
O encontro disputariase no campo da fieiteira(artificial). Persoalmente tiñalle moito respeto a este encontro, xa que os equipos q xogan neste campo adoitan xogar uns partidos de moito contacto e moita brusquedade.
Corria o rumor de q o Artes non ia a presentar as suas fichas(teñen unha reclamación pendente da semana pasada por non facelo) pero finalmente so quedou neso.

Saltaria o Taragoña o campo co seguinte once:

Prain na meta, Antón e Andorra como laterais, e Iván e Sucho como centrais, os mediocentros serían Mateo e Raul, as bandas ocuparianas Adrián e Damián, Na mediapunta Alvaro e na punta Iván Ces.
No banco quedarian Dani,Luis,Sergio,Miguel e Prole.
Sen convocar quedarian Dani Ces(lesionado), Alexito (De viaxe familiar) e Iván Aritz(decisión técnica).


Arrancaba ben o partido para os visitantes, xa q nunha falta lateral Iván recolle o esférico totalmente só no punto de penalti e en semifallo coloca o 0-1 no marcador.
Puco teriamos q esperar para ver o segundo, apenas cinco minutos despois, un bo pase atrás dentro da área de Damián tras unha internada pola banda do mesmo, sería rematado por Iván Ces o fondo da portería local.
Sen tempo case a celebralo tanto un bo pase de Andorra a espalda da defensa, seria aproveitado novamente por Iván Ces para situar o 0-3 no minuto 15.
Un inicio realmente fantástico, pero q non se viu continuado polo Taragoña.

O artes en lugar de deixarse ir foise arriba chegando a incorporar ata a cinco dianteiros permanentes, colgando dende a defensa un tras outro balón. Os visitantes un tanto relaxados evitaban o perigo unha e outra vez ainda q nun par de ocasións os locais tiveron un par de oportunidades que foron fenomenalmente resolvidas por Prain. O Taragoña mentres deixabase ir e de vez en cando creaba alguna cotra e viu como duas veces Iván Ces se colaba entre o central e o porteiro local e enviava a pelota a escasos centímetros do pau. Tamén Iván lanzou unha falta rozando a escadra da porteria artense.

A segunda metade comezaba cun ida e volta constante e non tiña un claro dominador. Entre os cambios de uns e de outros os primeiros vinte minutos esfumaronse con moi pouco fútbol. a partir de aqui os locais volcerian a acosar a meta taragoñesa con varias ocasións de gol desaproveitadas e os visitantes terian moitas oportunidades de aumentar o marcador dous man a man de Miguel q est marrou por moi puco e un de Prole son uns claros exemplos.

Asi remataria o encontro, un partido bastante frouxo do Taragoña pero no que supo aproveitar o bo arranque que tivo.


Sustitucións(entra-sae):
Dani por Sucho min.58
Miguel por Iván Ces min.62
Luis por Prain min.68
Sergio Por Damián min.68
Prole por Raúl min.68


A proxima semana recibese o Abanqueiro, o unico equipo da categoria q conta os seus tres encontros por victorias. Intentarase mellorar o xogo mostrado e se e posible que os tres puntiños queden na casa. Un saúdo

Iván


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.