Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Puebla 3 Taragoña 1

Ir abajo

Puebla 3 Taragoña 1

Envío  Iván el Lun Out 25, 2010 1:24 am

Comezaba este sábado unha nova temporada o equipo xuvenil do Taragoña,desprazandose a Pobra, cheo de ilusións de cara a esta nova liga. A imaxe deixada na pretemporada alentavaas, se cabe, ainda mais.

Sen embargo, o que ia acontecer neste encontro foi, para min, algo sorprendente. Un equipo nervioso, cheo de dudas e comentendo moitos erros graves.

Estreabase o equipo co seguinte once:

Prain na porteria, cunha liña de catro en defensa formada por Anton e Adrian(andorra) nos laterais e, a parella de centrais formariana Iván e Sucho. Por diante dous mediocentros, Mateo e Alex(Lenny, para a maioria de vos). As bandas estarian ocupadas por Adrian(Gago) e Damian, a media punta seria para Alvaro e a punta para Dani.
No banco querdarian Raul, Dani(canario´s junior), Luis, Miguel e Iván(aritz). Causaron baixa por lesion Iván Ces, Sergio e Prole.

Comezaria o encontro da peor forma posible, minuto un e gol en contra a saida dun corner, e, ainda non recuperados do primeiro mazazo, un erro nunha cesión de Sucho a Prain, seria aproveitadopolo dianteiro visitante para poñer o 2-0 no min.5.
o equipo seguiu nervioso e perdendo o balon con moita facilidade, o que conlevou a que o Puebla tivese numerosas ocasións de gol. Ata que na, posiblemente, unica combinación do Taragoña, o porteiro local derruba a Damián dentro da área co consecuente penalty. E para seguir demostrando que non era o noso dia, o lanzamento por parte de Alvaro seria detido polo meta pobrense. Chegariase o descanso 2-0 no marcador.

A volta dos vestiarios o Taragoña moveria ficha Entrando Raul por Dani e saltando o campo con outra actitude.
Na primira xogada xegaria a primeira ocasión visitante nunha internada pola banda de andorra(xogada made in taragoña de saque de centro) q cortou a defensa local, cando Damián xa tiña a cana preparada para rematar o centro lateral.
Seguinronse creando ocasións de gol durante os primeiros 15 min, con varios pases a espalda de defensa os que non se chegou por escasos centímetros.Pero seria Puebla o q aumentaria distancias, un bo pase a espalda da defensa q novamente o dianteiro visitante non desaproveitaria.
Pouco despois chegaria outra pana máxima a favor do Taragoña no min. 75. A cal, esta vez si, seria convertida por Iván(Alvaro xa fora sustituido).
Na seguinte xogada o colexiado sinalaria outro penalti pero, esta vez en contra, o cal foi desaproveitado polo conxunto local enviandoo bastante desviado.
De aqui o final so tivo o equipo xuvenil unha ocasión mais que seria anulada polo colexiado, cando o balon xa se colaba na porteria local, por posible man de Adrián Gago.

Cambios:(entra-sae)
Raul por Dani(min.45), Daniel por Antón(min.70), Miguel por Alvaro(min.70) e Iván por Damián(min.80). Quedaria sen xogar Luis ao lesionarse no quentamento.

A verdade un mal partido no que se pagaron moi caros os erros defensivos. A pensar na seguinte semana e intentar mellorar o xogo e o resultado. Un saúdo.

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro