Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009)

3 participantes

Ir abajo

Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009) Empty Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009)

Mensaje  Lucho Miér Sep 09, 2009 10:35 pm

Levantabase o telón dunha nova tempada na Lomba, nun Domingo con moito calor.

Pouco público viu como Yuli, Chopo, Carro, Penka, Lepe, Saborido, Rafa, Teaio, David, Milú e Ita saltaban ó campo.

Na mente dos xogadores a ausencia dos irmáns Laíño por mor da defunción da súa avoa (dende aquí unha aperta moi grande a Magda e ós nosos compañeiros).

Falando estríctamente do partido, a actitude ca que saltou o equipo ó terreo de xogo non foi para nada a axeitada nin a mostrada nos últimos encontros. Non supemos en ningun momento cortar os continuos paróns no xogo do equipo contrario.

So un par de ocasións nesta primeira parte puido darnos a vantaxe no marcador, unha nunha entrada por banda de Teaio que no seu centro Rafa non puido rematar axeitadamente dentro da area pequena, e tamén Rafa nun remate dun corner que rematou moi fortado ó tocar o balón o porteiro no último intre.

Foi na segunda parte cando, ainda que parecía imposible, a cousa empeorou. O equipo perdeu o pouco bo que tiña na primeira parte (a orde) e asi nun pase longo o extremo esquerdo, en claro fora de xogo, entra so contra Yuli e consegue vatelo sen problemas.

O equipo seguia sen actitude, nis os cambios lograron mudar esta imaxe (Entraron Yosi, Toño e Tembra), continuaba sen imprimir ritmo ó partido, so nun pequeno arreón nunha xogada de Teaio, este sufre un agarrón dentro da área, e Lepe aprobeita para empatar o partido. Nestes intres o partido puido caer da nosa banda cun par de ocasión de Lepe (un tiro raso dentro da área que salvou o porteiro, e un remate nun corner por fora), pero a sorpresa douse no minuto 94, cando nun mal despexe o balón cae no número 10 rival que tira un par de caños e vaise de tres defensas, quedando so contra Yuli, e tampouco volve errar o tiro dando o triunfo ó Brión.

Esperemos que cambiemos a nosa imaxe no seguinte encontro contra o Conxo tamén na Lomba.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009) Empty Re: Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009)

Mensaje  kasillas9 Vie Sep 11, 2009 1:04 am

Antes de nada agradecerlle a todolos compañeiros o apoio recebido nestes ultimos dias un pouco duros para a nosa familia,por eso gracias a todos polas continuas mostras de afecto recibidas, GRACIAS. Por outra parte eu a verdade e que non podo opinar dun partido o cal non vin, enton so podo decir que esperemos que sexan un deses partidos tontos que temos en toda a temporada,e non pasa nada, isto acaba de comenzar. E estou seguro de que vamos a dar moita guerra e vai ser moi complicado gañarnos. De todas formas eu escoitei que o partido fora un desastre e sen embargo perdeuse no tempo añadido,concretamente no minuto 94. Asi que cre que se nun peores partidos desde fai moito tempo so se perde no desconto e pola minima, creo que esto podemolo cambiar. Asique animo chavales.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009) Empty Re: Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009)

Mensaje  Penka Lun Sep 14, 2009 11:05 am

Eu penso que o partido estuvo falto de ritmo, pero na primeira parte, aínda que tuvemos o balón na defensa moito tempo, tíñamolo e estabamos ordenados, e intentabamos mover o balón, non foi moi brillante, pero tuvemos algunha oportunidade.
Na segunda, que parecía que podiamos facelo mellor, armámola de mala maneira, porque foi todo o contrario, estuvemos máis precipitados e por encima perdemos o orde que tiñamos no campo. Despois do empate, tamén apretamos un pouco máis, e con este empuxe pudemos marcar outro gol, pero non foi así, senón que no último minuto o contrario meteu o gol da victoria. Unha pena moi grande, posto que eles, a pesar do mal partido que fixemos, non se mostraron nunca superiores a nós

Penka


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009) Empty Re: Taragoña 1-2 Brión (6-09-2009)

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.