Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009)

4 participantes

Ir abajo

Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009) Empty Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009)

Mensaje  Lucho Lun Oct 19, 2009 8:09 pm

Saía o Taragoña ó campo con gañas de volver a sentir o sabor do triunfo e dar boa imaxe despois da inxusta derrota fronta o eterno rival.

Os once gladiadores que Miguens mandou a guerra de inicio foron os seguintes:

Iván

Teaio Penka Carro Manel Lepe

Morrillo

Milu Rafa


Kasillas Ita


Despois dos problemas defensivos que estabamos tendo (calquera choiña nos metía un gol) o mister decideu voltar á defensa de 5. Iso máis a ausencia de Chopo foron as novidades máis salientables no once inicial.

O equipo saltou con gañas ó campo e isto reflexouse no xogo, cun total e absoluto dominio en todalas facetas do xogo.

Moitas entradas por banda, toque no medio campo e tamén gañando os balóns aereos e divididos, pero como sempre a pelotiña non quería entrar.

Asi foi sucedendo toda a primeira mitade (bolea de Lepe dentro da area, centro de Teaio que Berto non atina a rematar, varios barullos dentro do area...) ata que nun corner, Penka toca no segundo pau, Ita remata e o balón morto que quedaba na liña empuxao Rafa ó fondo das mais.

Antes de rematar a primeira metade, ainda Morrillo enviaría un lanzamento de falta á base do pau esquerdo do porteiro.

A segunda parte comenzaba co equipo un pouco dormido, co que, ainda, tendo o dominio do xogo, non estabamos a practicar o mesmo futbol que na primeira mitade pois faltaba intensidade.

Entraron nesta segunda metade: Yosi, Chopo, Emilio (que voltaba despois da lesión), David. E sairon do terreo: Ita, Carro, Rafa e Manel.

Pero nun corner, Rafa tenta rematar de cabeza e o defensa evitao ca man, ca correspondete pena máxima transformada Morrillo.



As boas ocasións continuaban, máis entradas por banda e máis e máis ocasións. Pero foi outra vez o balón parado o que nos dou o fruto. Un corner votado por Teaio rematouno outra vez Penka no segundo pau, e esta vez, foi Kasillas o que remachou na liña de gol.

Pero o mellor estaba por chegar, e nunha gran xogada, Berto facía o definitivo 4-0.



Asi chegaba o remate do partido, cunha grande victoria que nos reafirma na parte noble da clasificación.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009) Empty Re: Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009)

Mensaje  lepe Lun Oct 19, 2009 10:43 pm

un partido mais no cal equipo dou a cara outra vez mais e foi superior o seu rival en todas as facetas do xogo,o que se esta repetindo partido tras partido,solo falta coller esa rachiña na que o balon entre a mina xa que este resultado antoxame corto xa que se a pelota quixera entrar xa poderia ser na primeira parte,e segue demostrando que traballando asi imos dar moito que falar nesta liga,pero repito so se SEGUIMOS TRABALLANDO ASI asi que nada mais aora esperanos o abanqueiro,seguro que como todos os anos con mais ganas ca nadie,un partido interesante sen dubida no que temos que sacar os tres puntos para meternos no grupo de arriba e non empezar a quedarnos en terra de nadie.

lepe


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009) Empty Re: Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009)

Mensaje  kasillas9 Mar Oct 20, 2009 12:18 am

Creo que o resultado é moi corto xa que polas ocasións que eu marrei xa na primeira parte o resultado podería ser de tres ou catro cero ó descanso. Se hai veces que é mellor non levantarse da cama. Particularmente sorprendeume o Lesende é moito, xa que agardaba un partido moi desputado e en ningún momento tiven a máis mínima inquietude de que nos puideran facer ningun dano. Creo que o equipo está a traballar moito cada partido moito, e se segimos así podemos facerlle fronte e plantexarlle problemas a calquer equipo, calquera. Pero sempre que pelexemos como o estamos a facer pois senon creo que tamén nos pode gañar calquera, calquera.
Por certo pedrille disculpas a Jouquín porque o outro día fixen a convocatoria pra este partido e puxen sobre a súa ausencia que era por decisión técnica, e en realidade era por asuntos familiares, sintoo.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009) Empty Re: Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009)

Mensaje  Penka Mar Oct 20, 2009 12:26 pm

Bueno, con respecto a este partido non queda nada máis por dicir, fomos moi superiores a un rival que en ningún momento nos inquietou. O resultado pudo ser máis amplio se chegamos a atinar algunha das múltiples ocasións que tuvemos. Agora a entrenar que a partir de hoxe xa hai que pensar no partido do fin de semana. A seguir traballando igual Surprised

Penka


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009) Empty Re: Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009)

Mensaje  Lucho Sáb Oct 24, 2009 4:58 pm

Algunha xogada máis deste partido, aqui tendes o 2-0 de Morrillo:


2-0 de Morrillo


Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009) Empty Re: Taragoña 4-0 Lesende (18-10-2009)

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.