Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

DEZASEISAVOS DE FINAL

4 participantes

Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  Lucho Jue Mayo 07, 2009 9:21 pm

TARAGOÑA 2-2 DEIXEBRE


Chegaba a copa do Sar á Lomba, un equipo descoñecido de terceira rexional viña para disputar o pase á seguinte ronda a Taragoña, o Deixebre.

Empezou o encontro bastante soso e descafeinado, costoulle ó equipo entrar no partido, e parecía unha desas tardes nas que non estamos moi espabilados. O rival pronto amosou que non ía provocar moito perigo na nosa portería (defendida por Iván).

Logo se realizou un cambio de estratexía e restructuración de xogadores para pasar a xogar con Teaio (medio lateral medio interior, ainda non sei decir agora de que xogaba) Carro, Manel, Penka e Tembra na retagarda. David, Lepe como pivotes. Canarias a unha banda e Kasillas na media punta. Ita so arriba.

Asi discurreu toda a primeira parte, sen moito que salientar.

A arenga do mister no vestiario debeu causar efecto, pois ó minuto de sair dos vestiarios, Ita dispara despois de pelexar ben co central e o rechace do porteiro aprobeitao Berto para adiantar ó Taragoña no marcador e parecía por aquel entonces sentenzar a eliminatoria.

Pero cando xa o partido expiraba nun corner, un balón morto na área e o central cun bo lanzamento raso subía o empate ó marcador.

O cansanzo facíase latente nos nosos xogadores, o partido de Puebla estaba pasando factura, tamén a ausencia de pezas clave. Entraran nesta segunda parte Toño, Joaquín, Emilio e entraría Yuli de dianteiro nesta prórroga antes os numerosos calambres de Kasillas.

Unha boa presión de este último cambio propicio o roubo cerquiña da área, e nunha xogada maxistral de Lepe, zafandose dun contrario e batindo ó gardameta cun tiro cruzado co exterior. Outra vez parecía sentenciada a eliminatoria. Pero outra vez subiu ó central a tarefas ofensivas, e nun balón longo, unha prolongación e entrada de segunda liña (moi parecida á expulsión de Abidal) a xogada máis mítica e fácil de facer. Control dentro da área e nin Lepe nin Iván poden facer nada para evitar o gol.

O partido ía máis alá, e chegaba ós penaltis. Estes ía amosar todo o que fora o partido: un despropósito total e absoluto. Xa nin recordo cantos penaltis se fallaron, pero o rival tivo a ocasión de gañar duas veces, pero votou fora os tres últimos e o Taragoña pasou de ronda.

Ánimo e chegar o máis lonxe posible.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  kasillas9 Vie Mayo 08, 2009 12:52 am

Raro pero tou de acordo contigo en case todolos aspectos. Primeiro o resumen do partido foi ese un desaxuste e un desproposito de partido,cunha man de errores que non saberia explicar. Segundo creo que si foi verdade que o partido da Puebla nos pasou factura(eu o primeiro) porque as pernas non ian e un sentiase moi pesado ante outra tarde de sol como a que vivimos o venres e logo o domingo. E por ultimo non sei se a charla de Miguens surtiu efecto porque foi bronca ou non(a verdade como sempre fala co mesmo tono de voz) bueno so cando fala do Madrid se altera un chisco............jejejejeje
Bueno agora o seginte rival sera o Lamela as sete e media da tarde..........siiiiiiiiiii as sete e media da tarde escoitastedes ben 7.30, recemos pa non ir a prologa e logo a penaltis senon non chegamos nin as doce da noite.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  lepe Dom Mayo 10, 2009 1:06 pm

si señor un partido sufrido en todos os aspectos, foi un partido de despropositos pero esperemos que fora o ultimo e a partir de agora teamos unha racha positiva na copa.Quero salientar tamen que onte fomos ver o lamela e vouno decir hoxe para non ser ventaxista pero despois de ver onte o partido deles o unico que me inspira o partido e recordarme de laro onde nos botaron foron un arbitro do colexio desa zona, e non sei porque pero despois de ver onte o partido ante o Cambre e no que o arbitro lles permitia todo os xogadores do Lamela pois case que non me inspira nada de confianza a labor arbitral neste campo,a verdad sempre que fun xogar a esa zona sempre sufrin arbitraxes escandalosos debe de ser por eso,asi que nada simplemente era pa eso pa non ser ventaxista e deseando equivocarme, pero sexa asi ou non temos que vir ca eliminatoria pasada asi que vamos a por eles.

lepe


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  lepe Lun Mayo 11, 2009 8:31 pm

bueno decir que ante o escrito desearia decir que me equivoquei ca labor arbitral pero vai ser que non,podo decir eso senon todo o contrario,empezou ben como o Lamela que non protestaban nada npensando que un equipo como o noso de 2rexional non seria capaz de facerlle frente e cando viron que se lle complicaban as cousas xa empezaron a protestar a codazos faltas sin sentido vamos o que esperabamos antes do partido, e como non o arbitro que empezou coma eles pois estaba claro que lle tiña que votar unha man e asi foi, empezou a pitar foras de xogo, faltas inesistentes e como asi non eran capaces de ganarnos pois pouco antes da prologa decideu votar a 2 xogadores nosos a ver si asi xa o conseguian,e asi foi aguantamos asta a prologa ata que nos meteron o gol e ai fartos de tanta inxustiza abandonamos o campo, con esto non quero decir que os linieres estuberan mal xa que eles pitaban o que vian,equivocabanse como calquera pero so que por moito que eles marcaran o arbitro so tiña unha decision se eles marcaban po lado do lamela aceptabao se marcaba pa nos pois corrixias e pitaba a favor do lamela, decir que os mesmos linieres reconoceron que nin eles mismos sabian quen era o arbitro algo sorprndente,e ademais un deles dixo no medio do partido que o arbitro principal o partido viñalle grande, ante esto pouco mais se pode decir,podemos decir que caemos con moita dignidade e estou seguro que se non fora por esto pa semana seguiriamos xogando a copa pero esta claro que a os señores da federacion e do correo e da federacion de arbitros de Lalin non lle interesa que nos sigamos na copa, a federacion porque esta comprometida co patrocinador que e o correo e claro parece que si non son os equipos de categorias superioresa o que chegan o finalk que non ten cache,cando recordo que fai uns anos so a xogaban equipos e 3ª,2ª e algun de primeira e tiña bastante aceptacion pero que sigan as i que po ano xogarana o Flavia e os empleados do correo e da federacion, e o comite de arbitros de Lalin por que se os equipos desta zona non pasan non poden pitar xa que os mandarian do comite de santiago, e por certo non sei que me da que a copa do Sar chamase asi porque estaba feita pa que a xogaran os equipos desa zona, pero en fin so decir que estamos fartos que entrenamos bastante ou mais que eses todos que cobran e que pedimos o mkismo respecto, e animo os equipos da zona a que lle fagan a cama po ano a federacion e que entre todos fagan unha copa na que esta vez si xoguen os equipos detas zonas e respetando as categorias e a do sar que a xoguen os Galacticos nun triangualar. Ahora nada gracias a esta panda de carroñeros estamos fora e non podemos facer nada, asi que nada a pensar no ano que ben que vai a ser moi interesante xa que vai a haber moitos equipos da zona.

lepe


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  kasillas9 Mar Mayo 12, 2009 12:37 am

Como a min se me quenta a cabeza moi pronto poderia estar falando dos arbitros durante moito tempo,pero raro pero non o bou facer(teño que cambiar),e bou mirar para dentro. Primeiro felicitar a os meus compañeiros incluido o mister polo partido de onte ante Lamela, porque creo que lle demos unha leccion de umildad e de como se traballa un partido a base de traballo e sacrificio nu terreo de xogo como estou seguro de que facia tempo que nadie lle dava,e por eso felicitar a todos(todos) pois ningun se veu abaixo e loitou como o resto.
Epasando o tema das expulsions:
A de Ramon-creo que a segunda tarxeta si era, pero non asi a primeira.
E no tema da miña:Pois esto foi o que pasou con palabras textuales e cada un que juzge e pense a sua opinion(eu teño a miña,e non ,ma vai cambiar nadie).
O balon siu por banda e o liner unha vez mais dounos a posesion para nos pero como o colexiado non lle interesaba esta vez a opinon do linier que esta a menos dun metro do balon,deulle a posesion ao Lamela. Eu dixenlle "Arbitro pero mira ó linier",pero con un tono non apropiado,eso e verdade, e este quitoume tarxeta amarilla mentras me decia "aqui pito eu o que vexo,e punto" eu deime a bolta e cando estaba de espaldas e xa un par de metros lexos de el eu comentei enfadado "a tomar por culo" si dixen esto, en ningun momento me dirixin a el ou o insutei como reflexou na acta despois, nin siquera lle gritei, pero un xogador do Lamela foi correndo xunta o clexiado gritandolle "escoitaches o que che chamou, escoitachelo,mandouche a tomar por culo", este dirixeuse a min e amosoume a tarxeta roxa directa, ei pregunteille que lle habia dito, e que eu non lle dixera nada a el, e el contestoume" mandastesme a tomar por culo" e respondeume que o numero oito deles llo habia dito e confirmado, cando lle preguntei si el me escoitara,pois menos mal que non lle dixo que o amenazara de morte senon chama a gardia civil. Na miña opinion creo que el en nigun momento me escoitou pero a verdade e que eu tampouco o devin decir, o que pasa e que quixera ver eu se en vez de levalo escudo de taragoña se levase o do Lamela. Pero bueno agora a rezar para que non me caian moitos partidos xa que na acta pon que o insultei. Eu particularmente conto de dous a catro partidos,creo oxala me equivoque pero........
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  lepe Mar Mayo 12, 2009 12:44 am

ai e outra cousa que se me olvideu decir antes e unha autocritica cara o noso clube, na copa esto non e a primeira vez que pasa e penso eu se todos sabiamos que esto podia pasar porque non contratamos un delegado federativo, porque cando pasou en Laro recomendamoslle a o Cordeiro que os lebara, porque nos non?

lepe


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  Lucho Mar Mayo 12, 2009 9:33 pm

Sabendo ó que vos íades enfrontar, creo que tiñades que ter a cabeza máis fría e non sufrir ningunha expulsión por protestar (sinto na alma pero teño que decir que tiñas que haber estado calado Berto). Sei que é moi dificil aguantar cando ves como claramente che estan roubando (non xa un penalti que pode ser un erro senón decisión tras decisión minandoche a moral e vendo claramente como van a por ti) pero si esatbamos avisados tiñamos que haber mordido a lingua e non podemos perder efectivos por protestar (eu son o menos indicado porque son un protestón). Tamén estou de acordo con que si por parte do clube se podía haber feito algo para tratar de evitar este trato tiña que haberse feito.


É jodido sair así da copa pero polo menos saímos ca cabeza alta e poñemos punto final a unha moi boa tempada.

Agora a que non lle caian moitos partidos a Berto que nos vai facer boa falta para o ano.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  kasillas9 Mar Mayo 12, 2009 10:00 pm

Tes toda a razon e seino,pero e unha asignatura pendente da cual me e moi dificil aprobar,ainda que este final de liga o intentei,de verdade,pero foi superior a min de todas formas estou seguro de que el non me escoitou pero bueno non e justificacion ningunha,agora teño que calar e asumila sancion porque a busquei eu mesmo. Eche o que hai non hai justificacion a pesares do visto ali.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  Lucho Miér Mayo 13, 2009 1:49 am

Si eu digo o que se deberia facer, despois poder facelo e outro cantar...xogandote o pase no campo cas pulsacions a tope é moi jodido ver como che rouban e ser capaz de tragarte a lingua.

Eu non sería capaz tampouco seguramente asi que, eu como os curas "fai o que eu digo non o que eu fago"
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  Penka Miér Mayo 13, 2009 1:36 pm

Despois de ler as crónicas, penso que que xa está todo dito. O partido foi ben xogado pola nosa parte e fixemos fronte a un equipo dunha categoría superior, despois con dous xogadores menos, tiñámolo moi difícil, aínda así chegamos ata a prórroga. Despois meteron o gol( o balón quedou parado nunha charca e o dianteiro empuxouno para dentro) e a vedade é que estaba moi moi complicado. Con esto fixemos o axietado, marchamos do campo ca cabeza moi alta e punto. Lástima perder desta maneira, porque repito que estabamos moi ben.
Con respecto ó de Kasillas é unha pena que o expulsaran por iso, aínda que sei que é difícil conterse (a min pásame o mesmo) pero é algo que hai que tratar de controlar, porque saímos perxudicados, e é unha pena quedarse cun menos por ese motivo, así que para o ano CONTRÓLATE (fala ca psicóloga se fai falta...) Twisted Evil Twisted Evil je, je.

Penka


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  kasillas9 Miér Mayo 13, 2009 7:53 pm

Se tendes toda a razon,e non vo poñer ningunha pega ao respecto e verdade e punto, foi superior a min e listo. Agora non hai volta atras, teño que facerme cargo do feito e pagar por iso. Por certo xa sei a sancion que me caeu. Un partido de sancion, tiven sorte e caume o minimo supoño.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  Lucho Miér Mayo 13, 2009 8:56 pm

Bueno, polo menos unha boa noticia.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  Penka Jue Mayo 14, 2009 2:59 pm

Bueno, eu pensei que ían ser dous, pero mellor así

Penka


Volver arriba Ir abajo

DEZASEISAVOS DE FINAL Empty Re: DEZASEISAVOS DE FINAL

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.