Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Velvís 3-1 Taragoña (28/03/10)

3 participantes

Ir abajo

Velvís 3-1 Taragoña  (28/03/10) Empty Velvís 3-1 Taragoña (28/03/10)

Mensaje  kasillas9 Miér Mar 31, 2010 2:04 pm

Duro, moi duro golpe o que levou o Taragoña nas cancelas ante os Velvís!!!!
Chegaba o cadro de Miguéns coas ideas moi claras, ante un Velvís inmenso na segunda volta, sobre todo na casa. A idea era a de polo menos, non perder e así que non se escapase o cadro Santiagés. Para esto o once inicial foi o seguinte:

1 Iván.
2 Chopo.
3 Tembra.
4 Carro.
5. Penca.
6. Alexito.
7. Teaio.
8. Lepe.
9 Berto.
10. Rafa.
11. David.

Comezou a primeira metade de dominio case absoluto do cadro Taragoñés, creando algúnha que outra ocasión, bastante clara, por medio de Teaio. Pero sobre todo co control do balón ante un Velvís que se veu un chisco sorprendido. Pronto, por non decir no primeiro acercamento do cadro visitante, chegaría o penalti cometido sobre Berto, que este mesmo transformaría. Coa ventaxa no marcador non cambiarían as cousas, e incluso se puido aunmentar a ventaxe se nunha contra Teaio dende a frontal aproveitase a ocasión marrada, magoa. Esto a primeira parte porque a segunda.....
Todo cambio, non sei porque, nin sabría decir porque non un equipo pode cambiar tanto, non o sabería explicar pero esto sucedeu. Destacar duas ocasións do cadro dos de Joaquín Miguéns, a primeira de Rafa dende a frontal tras unha deixada de Berto, e outra este mesmo que non acerta a dalo último pase ben xa na área pequena.
Pois ben todo esto foi o perigo que tivo o Taragoña na segunda metade. Saíu un Velvis demoledor ou un Taragoña apagado non o sei, pero que o Velvís polo demostrado na segunda metade foi claro e xusto gañador aino que reconocer, e xusto. Todas as súas contras foron moi perigosas, e incluso puido ser mais abultada a derrota se non enviasen ao longueiro un balón dende a frontal. Creo que o Velvís deunos unha lección de como se move o balón dun lado a outro, pero de escandalo. Engadindo na miña opinión que creo que físicamente estaban un punto por enrriba nosa e notouse.
Agora non queda marxen de erro a hai que saír a xogalo todo nos tres encontros que nos faltan. Comezando por este domingo fronteao Lampón. Asique rapaces, ánimo e moita sorte que nos vai facer falla.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

Velvís 3-1 Taragoña  (28/03/10) Empty Re: Velvís 3-1 Taragoña (28/03/10)

Mensaje  pereira Vie Abr 02, 2010 2:13 am

Buf, qué mágoa!!! A nós víñanos de maravilla que puntuárades alí. Este final de liga é de infarto, por abaixo e por arriba. Pero bueno, por arriba non nos interesa moito. O importante é ver se nos salvamos os dous. Mentras hai vida, hai esperanza. Espero que teñades sorte e o ano que ven podámonos volver a ver na segunda!!!!. Tou seguro de que sí.
En canto ao Belvís, a nós tamén nos pasou por riba, 4-1 perdemos alí. De tódo-los xeitos e non é excusa, menuda arbitraxe!!!. Foi un dos poucos partidos nos que lle protestei ao colexiado....aínda así, foron moi superiores e non meteron máis de casualidade.

En cano a nos, 0-9 ao Laraño. Non digo nada máis que o comentario do noso míster foi moi explicativo: "se non falláramos tanto, case igualábamos os goles a favor cos goles en contra!!!". A verdade é que resulta incríble que ese equipo nos empatara en Aguiño na primeira volta,,,,,pero bueno, se andamos coa caraja e pensando en calquer cousa menos no partido,,,. Ningunha historia, máis que eles con empate a 0 enviaron ao longueiro un remate de cabeza, e a partir de ahí, dominio total. Con nos xogou un porteiro xuvenil de primeiro ano (eu estaba sancionado, pola expulsión do día do Puebla), con ¡¡¡1,93 de altura!!!!,,,,qué carallo comen estes rapaces?,,,je,je.

Bueno, meu. A seguir remando, non toca outra. E ver se ao final sonrí a sorte e conseguimos salvarnos. E se non, a ver onde nos vemos o ano que ven.
Un saúdo forte a todos e ánimo, que isto non rematou!!!

pereira


Volver arriba Ir abajo

Velvís 3-1 Taragoña  (28/03/10) Empty Re: Velvís 3-1 Taragoña (28/03/10)

Mensaje  Penka Sáb Abr 03, 2010 10:46 am

Pois a verdade, pouco máis hai que dicir do partido, dúas partes moi diferenciadas na que o cómputo global do partido paréceme que foron superiores. A min gustoume como xogaban. A seguir pelexando que é o que nos queda. Ánimo Very Happy

Penka


Volver arriba Ir abajo

Velvís 3-1 Taragoña  (28/03/10) Empty Re: Velvís 3-1 Taragoña (28/03/10)

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.