Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Abanqueiro 1- 0 Taragoña ( 25/10/09)

Ir abajo

Abanqueiro 1- 0 Taragoña ( 25/10/09)

Envío  kasillas9 el Mar Out 27, 2009 1:52 am

Chegaba o Taragoña ao campo da Charca en busca da segunda victoria consecutiva, coa intención de non afastarse dos postos de cabeza. Salientar como curiosidade que se estreou e quipación nova ( a de fora, azul ).

O once inicial elixido por Joaquín Miguéns para este encontro foi o seguinte:
Na portería estaba Yuli, cunha defensa de catro formada por Lepe e Teaio nos laterais e Saborido e Carro como centrais, por diante Manel e Morrillo deixando as bandas para Rafa e Milú. Como dianteiros xogarían Berto e Josi. Empezaba o encontro mal xa que o Abanqueiro saleu ó campo facendo o que teóricamente tiñámos que facer nos, que erea presionar arriba. Eso levounos a varias pérdidas de balón consecutivas. De mal en peor iría a cousa xa que o pouco Morrillo tería que abandonalo terreo de xogo por un golpe recibido. No seu lugar entraría Tembra. As malas sensacións que había no campo pronto se reflexaron no marcador xa que nun centro dende a banda aprobeitouno o dianteiro do Abanqueiro pra anticiparse aos centrais do Taragoña para establecer o 1 a 0 que ó final sería decisivo. Parecía que o Taragoña intentaba espavilar un chisco (tampouco moito a verdade, vamos a ser críticos por un día) e creou un par de ocasións. Primeiro cun fora de xogo pitado a Berto ( no meu punto de vista non era) ea continuación cunha moi boa xagada de Milú dentro da área que asiste pra Josi que so diante do porteiro se entratuvo un pokilo e lle roubaron o balón ( non te preocupes compañeiro que asta que falles coma min ainda che quedan catro pobos). Non sería a última nesta primeira parte xa que outra xagada de Milú provoca que o balón se pasee pola liña de gol sen que nadie acerte a empuxalo.
Comezaría a segunda metade sen cambios, intentando ir un pouco máis arriba o Taragoña. Nesta segunda metade destacar que o Abanqueiro froito da presión do Taragoña ou que lles valía o gol de vantaxe que tiñan, eu apostaría por esta segunda opción, botouse un chisco máis atrás, intentando pescar unha contra para matalo partido. Avanzaban os minutos eo equipo parecía non reaccionar. Chegarían os cambios entón. Sairían Milú, Josi, Rafa en lugar de Ita, Toño e Joaquín. Pero a verdade e que nin cos cambios feitos o equipo deixou mellor imaxe. So un par de ocasión estragadas por min. Unha que non chego a rematar de cabeza cando estaba completamente so no primeiro pau e outra que Fran o porteiro local me quita lieralmente da cabeza cando ia a rematar na área pequena. Isto e un par de tiros lonxanos foi todo o vagaxe ofensivo que tivemos nesta segunda metade. Pola súa contra o Abanqueiro despuxo dun par delas tamén. A máis clara un man a man que Juli se encargou moi ben de despexar. Así chegaría o final dun partido e dun día que mellor...olvidar o máis rápido posible.


Creo que un empate sería o máis xusto. De todas formas o equipo, na miña opinión careceu de garra, pelexa e ilusión. Algo que durante toda a semana nos sobra nos entrenos pero que aveces chegado o partido pois non sae de nós. Comentar que creo que o equipo estivo en moitas fases do partido partido en dous, atacando 5 e defendendo os outros cinco, co problema que cada perdida de balón era máis que posible que a defensa se vira en desventaxe totalmente e tersa que xogar nun man a man cos dianteiros do Abanqueiro. Con respeto a min ( non vou a falar de nadie, cada un que se autocritique ) emprincipio saín do terreo de xogo pois "jodido" pola derrota e porque creo o que dei ainda que era todo canto tiña, eso non mo vai a negar nadie, NADIE, creo que foi bastante pouco e malo, moi malo. As miñas sospeitas diso confirmaronse cando desde outro punto de vista como foron as dalgún compañeiro, entrenador (bufff.... deste ainda creo que vou ter que escoitar e moito, moito, moito o próximo día de entreno, e senón ó tempo), asique sen escusas decir que a culpa foi do de Moraña.... e broma. Por eso creo que se me teño que por nota a de hoxe sería un 1, porque ceros agora non se poden poñer.

Comentar que esta semana pois non temos un rival propicio para intentar recuperar os puntos perdidos, apriori, pero si para dar unha moito mellor imaxe, porque sabemos e podemos.
Asique a traballar e domingo intentar gañar, que nin antes deste partido eramos tan bos, nin agora tan malos.

Volver arriba Ir abajo

Re: Abanqueiro 1- 0 Taragoña ( 25/10/09)

Envío  Penka el Mar Out 27, 2009 1:19 pm

Visto o partido dende fóra, na primeira parte o equipo estaba moi partido en dous cachos, cinco defendendo e cinco atacando. Esto creaba un oco no medio do campo moi grande, onde eles tiñan moitas facilidades, porque non se chegaba a presionar adecuadamente. Ademais teño que dicir que non pareciamos nos, porque doume a impresión de que estabamos case andando polo campo en vez de correr, algo que me sorprendeu. Aínda así houbo tres ocasións que de entrar falariamos doutra cousa.
Na segunda metade gustoume máis o equipo, parece que había máis gañas de facer algo e intentouse máis, pero aínda así non foi suficiente para empatar o partido, que para min sería o resultado máis xusto visto o acontecido no terreo de xogo.

Volver arriba Ir abajo

Re: Abanqueiro 1- 0 Taragoña ( 25/10/09)

Envío  Lucho el Mar Out 27, 2009 11:06 pm

A miña sensación despois do patido era: vaia merda de partido fixemos, como sempre, cagamola á hora da verdade.

Despois, vendo os videos do partido, quedeime ca sensación de que podíamos haber gañado tranquilamente.




Pero a verdade é que volvemos errar no momento clave e afastamonos dos postos de arriba.



Unha vez máis tiven o partido nas miñas mans, e volvín a errar ocasións moi claras. (Vou ter que cambiar de botas e volver ás goleadoras Cool )


avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

para o goleador

Envío  deivit el Xov Out 29, 2009 2:33 am

non sei se seria mal de botas e ademais esta semana tuvechela na cabeza(no teu caso si q e pa estudiar) e non nos pes.

P.D.xa non contavamos ca tua faceta goleadora,sabiamos q o de tirar a porteria non era pa ti.

P.D.2 Ronaldo tamen esta RECHEIÑO e segue marcando goles

Volver arriba Ir abajo

Re: Abanqueiro 1- 0 Taragoña ( 25/10/09)

Envío  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro