Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Ir abajo

AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Envío  deivit el Lun Set 28, 2009 10:39 pm

Coa volta dos partidos o horario oficial (17:00), encontramonos no "mini campo do agron" con outra sufrida victoria. O once inicial foi o seguinte: Yuli debaixo dos paus, Toño, Penka, Carro e Bolikas na liña defensiva, Manel, Teaio, Rafa e Lepe no medio campo, Milu, e Kasillas no ataque. Na segunda parte tamen xogaron Yosi por Toño, David por Manel, Quin por Carro, quedando no banquillo sen xogar tanto Ivan coma Tembra.
Hai que resaltar como anecdota que o rival saltou o campo con dez xogadores devido as numerosas baixas cas que contaban.
Comezou o partido sen practicamente notarse a diferencia numérica xa que debido o reducido tamaño do campo, casi parece de futbol sete, e as malas condicions nas que se encontraba facian moi complicado superar a liña defensiva do rival, que estivo metido na sua área toda a primeira parte, negándose incluso a xogar o balón e perdendo todo o tempo que podian. As xogadas a balón parado e os saques de banda foron a principal vaza ofensiva e froito diso nun corner que Toño rematou no segundo pau Penka aproveitou para remachar de cabeza na área pequena e conseguir o 0-1. O equipo seguiu insistindo no ataque e apiques estivo de conseguir o segundo gol nunha voa xogada pola banda dereita que Milu sen porteiro non soubo materializar.
Na segunda parte saimos completamente durmidos e sen levar a cabo todo o que tan bo resultado nos viña dando e xa co rival con nove sobre o terreo de xogo, lesionouse outro xogador,conseguiron empatar con gran tiro dende fora da area.
A partir dese momento foi un monólogo de ataques por parte do taragoña pero con resultado negativo ata o último minuto, cando nunha xogada polémica o porteiro sacau debaixo dos paus un balón que casillas rematou na área. O árbitro considerou que o balón cruzara a liña e dou o gol o que suscitou as queixas tanto dos xogadores como do pouco público local que xa levaban uns minutos pedindo o pitido final.
Despois de rematado o partido aficionados e xogadores encararonse co árbitro casi chegando as mans.

P.D.: Destacar que ata o encotro se desplazaron numerosos aficionados do noso clube os que lle agradecemos a sua incondicional asistencia, un saúdo e ata domingo na lomba onde xogamos contra o Laraño, un equipo novo na nosa liga.

Volver arriba Ir abajo

Re: AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Envío  kasillas9 el Mar Set 29, 2009 12:39 am

Moi ben David, asi me gusta que todos participemos,vexo que as miñas indirectas surtiron efecto jijijiji. Primeiro decir que da gusto saltar a un terreo de xogo e ver a xente animar como pasou o domingo en Agron. Grazas a todos eles.
Na miña opinion o partido na primeira metade foi de dominio absoluto do Taragoña. O partido na miña opinion xa devia de estar resolto na primeira parte. Pero un domingo mais malgastaronse varias ocasion claras de gol.
Sen embargo na segunda metade o partido cambiou e moito, xa que en vez de segir xogando coma na primeira metade, empezamos a darlle vida ao Agron, facendo o fútbol que a eles lle viña ben (continuos parons, perdidas de tempo,falta tras falta..) e apiques estivo de custarnos moi caro xa que nun balon perdido no medio campo aproveitouno o dianteiro do Agron para marcalo empate cun disparo desde fora da área. Desde ese intre o Taragoña comezou de novo a crear ocasion tras ocasion pero sen ningunha sorte. Ata que nun balon solto Alberto mete o segundo gol.
Creo que foi un partido raro, xa que eles eran dez pero nun campo no estado no que se atopa o do Agron, como o tamaño deste, non habia moita diferencia entre un e outro.
Para o meu punto de vista a primeira metade foi bastante boa, non asi a segunda, na que creo que nos fomos do partido en moitos momentos e estivemos a punto de pagalo moi caro.
Decir tamen que fomos xogar cas baixas de Morrillo, Jonathan, Saborido, Ita e Chopo.
Agora a pensar en gañarlle ao Laraño, rival do que a verdade, non coñezo nada.

Volver arriba Ir abajo

Re: AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Envío  Lucho el Mar Set 29, 2009 7:57 pm

E de autentica vergonza que o partido chegara a ese extremos, o partido tiña que haber acabado na xogada que desperdiciei sin porteiro, ainda asi aprimeira parte tampouco foi para estar moi contentos,ainda que co campo como estaba tampouco se podía pedir moito máis, a segunda foi un desproposito.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Envío  deivit el Mar Set 29, 2009 8:08 pm

o campo era de verdadeira pena non era moi propicio para xogar ó balon. xa a nos nos costa darlle ben jijiji

Volver arriba Ir abajo

Re: AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Envío  Penka el Mar Set 29, 2009 8:23 pm

Eu penso que o partido tiña que quedar resolto na primeira parte, xa que tuvemos algunhas ocasións moi claras, pero non entraron. Agora, unha vez que non foi así, non podemos saír ó campo na segunda metade pensando que está todo feito e que o partido está resolto, espero que nos valera para aprender.
A primeira parte ten un pase, non estuvemos mal, pero a segunda, mi madriña do amor hermoso, Mad Mad , eso é infumable. Ademais, co 1-0 teriamos que saír doutra maneira ó campo, xa que non había nada feito. Bueno, o mellor é que xa vai alá e a pensar no Domingo, que espero que sexa mellor que ó anterior en canto a xogo.

Volver arriba Ir abajo

Re: AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Envío  Lucho el Mer Set 30, 2009 9:00 pm

Aqui tendes o que puxo a Voz de Galicia:

Ganó el Taragoña en Agrón (2-1). Ante un rival que empezó con diez efectivos, los de Joaquín Miguéns lo asediaron. En cambio no pudieron materializar su inmensa superioridad hasta el minuto de descuento, en una acción que además protestaron con insistencia los locales por entender que el remate de Alberto (min 91) no traspasó la línea de meta. Penka (min 25), de cabeza, abrió la lata. Pero el Agrón igualó al cuarto de la segunda parte.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: AGRON 1-2 TARAGOÑA 27/09/2009

Envío  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro