Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Bealo 2-3 Taragoña (22-08-09)

Ir abajo

Bealo 2-3 Taragoña (22-08-09)

Envío  Lucho el Ven Set 04, 2009 1:52 pm

Outro derbi máis na nosa preparación, vese que non nos andamos con chiquitadas, e a prepararse, prepararse ben.

Nun campo en moi mal estado, os encargados de saltar ó campo foron Yuli na portería, defensa de catro formada por Carro, Penka, Tembra e Chopo. Líña de medios para Morrillo, David, Lepe e Teaio, e adiante Kasillas e Milú.

O partido pronto se poñería de cara, nun balón en profundidade de Milú (faise raro esto de falar dun mesmo en terceira persoa, propoño que unnha persoa allea fagas as crónicas) para o desmarque de ruptura de Kasillas este bate de tiro cruzado ó gardameta rival facendo o 0-1.

Despois de coller ventaxa no marcador, o equipo sigueu creando ocasións e dominando o partido, tivemos unhas cantas claras nas botas de Kasillas ,Milú e David. Pero o que chegaría sería o empate, nunha perdida cerca do área o Bealo aprobeitou a ocasión e puxo as táboas no marcador.

Na segunda parte, carrusel de cambios como é habitual nestes encontros de pretempada ca consecuente perda de ritmo do encontro, ainda así, seguimos co control do encontro e seguimos creando ocasións. Fruto dun corner, despois de varios rexeites, Toño consigueo introducir por fin o balón dentro da portería rival, co cal volviamos a cobrar vantaxe no marcador.

Ata que nunha xogada un tanto rara, a Rafa doulle por inventarse unha nova norma e un balón que nunca entrou na portería douse como gol para o Bealo. As explicacións do colexiado foron un tanto estranas "como o balón ía para dentro, e vateuche na man, para non expulsarche e pitar penalti, pito gol" (por certo, segun Penka, tampouco era penalti).

Asi vimos como tiñamos outra vez o partido igualado. O equipo sigueu ó seu, creando ocasións ata que tanto esforzo dou o seu froito e nunha xogada de Johnatan pola banda dereita chegando a líña de fondo, dou o pase atrás e no punto de penalti Milú rematou dando adiantando asi ó equipo no marcador definitivamente.


O partido finalizou ca victoria do equipo por fin nesta pretempada, ainda que non había preocupación no seo do clube pois a imaxe deixada estaba a ser boa en tódolos encontros disputados.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Bealo 2-3 Taragoña (22-08-09)

Envío  kasillas9 el Mer Set 09, 2009 1:33 am

O de Rafa xa nin o comento, xa que creo que non fai falla decir nada pero bueno... O que si estou de acordo e que para nada, polo menos na miña opinion, estaba preocupado polos resultados, xa que todo forma parte da pretemporada. Non bou decir que me importa perder, non de feito jodeme e moito, pero para nada preocupado. Creo que a imaxe do equipo na pretemporada foi bastante boa.
Queria facer un comentario, que igual non ben a conto, pero quero decilo. Quero darlle a enhoraboa a todos os xuvenis que estan a entrenar connosco, xa que me sorprenderon moi gratamente, moito. Creo que estan a ser unha das notas positivas desta pretemporada,na miña opinon. Non o digo porque non valan se non todo o contrario,non desentonan para nada, moi ben . Todo isto digo porque eu a verdade non sego moito as categorias inferiores a verdade, e tiña entendido que non habia xuvenis dispostos a entrenarse connosco, ou que pasaban de entrenar, ou que non valian...
A verdade e que vendo como estan a entrenar este ano connosco e da forma que o estan a facer, non me esplico os resultados de escandalo do ano pasado, de verdade que non mo esplico.

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro