Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Porto Sin 3-1 Taragoña (2-08-2009)

Ir abajo

Porto Sin 3-1 Taragoña (2-08-2009)

Envío  Lucho el Mer Ago 05, 2009 2:24 pm

Iniciabase unha nova tempada nunha tarde propicia para a practica do futbol, o campo en perfecto estado (cesped artificial) tamen axudaba.

Saltaba o primeiro once inicial de Miguens ó campo con gañas de facer un bo partido e comezar con bo pe a tempada, pois fálase moito das baixas que se teñen este ano.

Este once inicial foi o seguinte: Yuli na portería, defensa de catro formada por Lepe, Penka, Manel e Chopo. Un medio campo poblado con cinco xogadores, Emilio (fillo do médico jeje), Cani, Joaquin, Kasillas e Milu e en punta Ita.

Os primeiros compases do partido foron de toma de contacto, o equipo tentaba sacar o balón xogado dende atrás e o equipo rival tratando de presionar arriba (sen moito sentido nin organización) eso provocaba que tiveramos ratos de gran movemento de balón e chegamos a controlar o partido. tamén tivo algun momento de risco que nos chegou a crear problemas salvados polo noso porteiro.

Tivemos algunha que outra ocasión que chegaba polas bandas, donde o Canario e Joaquin fixeron un bo partido, pero foi nunha xogada das ensaiadas nos entrenos as que nos levou a poñernos por diante no marcador. Unha caida a banda de Ita despois de varios toques levounos á area donde cun centro habilitou a Kasillas para que volvera marcar e demostrar que segue sen perder o seu olfato goleador.

Seguimos controlando o partido sen pasar moitos apuros, so un pequeno desarreglo no medio campo provocaba algunha que outra situación de apuro, ainda que tamen nos creaba, cando recuperabamos o balón, algunha situacion interesante.

Asi chegamos ó descanso, tras el todo cambiou. Eles introduciron cambios que milloraban o anterior e a sua presión arriba era moito máis efectiva. Combinado con que a nos xa nos ía fallando o físico e a entrada de xogadores que nunca xogaron con nos ou levan moito tempo sen xogar resultou nunha segunda parte chea de problemas para o noso equipo. Esto demostrouse rápido cun gol ós poucos minutos de saltar ó campo nuha xogada pola banda esquerda que acabou cun remate ó primer toque imposible para Iván.

O partido continuaba polos mesmos derroteiros, o medio campo non aguantaba o tirón físico e iso probocaba que chegaran ata a nosa defensa con moita facilidade. Unha falta lonxana, cun pepinazo impresionante colouse pola escadra da nosa porteria facendo o 2-1.

Ainda así, tivemos varias ocasións. Jonhatan entrou con perigo por banda dereita e Joaquin sigueu co seu bo traballo por banda esquerda. Pero o que golpeou de novo foi o noso rival, nun pase longo o dianteiro, en falta, levouse o balón ante penka e so ante Iván regateouno e marcou gol facendo o definitivo 3-1.

Asi rematou o primeiro partido de preparación, teremos que sacar conclusións e seguir traballando.

Sorte para o próximo partido fronte ó eterno rival.


Saúdos.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Porto Sin 3-1 Taragoña (2-08-2009)

Envío  kasillas9 el Mer Ago 05, 2009 2:56 pm

Na miña opinion creo e moi pronto para sacar conclusion deste partido xa que era o quinto dia de traballo da semana e eso notase nas pernas unido o como dixo antes Milu na segunda parte a xente apenas se coñecia ou levaba moito tempo sen xogar(que en ningun momento digo que tiveran a culpa) e eso notase. Creo que na primeira parte se estivo bastante ben para o tempo no que estamos(principio da pretemporada) e eso dame un pouco de respiro o pensar que eso pode ir mellorando co paso dos entrenos e respetivos partidos igual que o de segir metendo no bloque a xente que non ta acostumada ao equipo. De todas formas eu no meu punto de vista e un pouco dudoso,explicome,creo que temos moito pero moito traballo por diante, facer unha pretemporada boa e intensa e despois pasalo o terreo de xogo correndo e pelexando cada partido e asi podemos ir sacando os resultados a diante. O problema e canto tempo aguantara a xente traballando como o esta a facer agora nos entrenos, que por certo, se esta a traballar moi ben todo o mundo, creo eu que moi ben. Creo que esta liga lle vai costar a todo o mundo, a todos, nadie vai gañar facil. Asique animo chavales a segir pelexando.

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro