Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Crocha 2-3 Taragoña (1 de Maio de 2009)

Ir abajo

Crocha 2-3 Taragoña (1 de Maio de 2009)

Envío  Lucho el Sab Mai 02, 2009 2:05 am

Disputabase o derradeiro encontro da tempada regular nunha tarde soleada na Pobra fronte ó Crocha.

Ante as baixas polo puente, o once titular foi o seguinte:

Iván

Teaio Carro Penka Manel Tembra

David

Canarias Lepe

Kasillas Ita



Adiantabase o Taragoña transcurridos poucos minutos dende o pitido inicial cun gol de Kasillas (como non) elevando o balón por riba do porteiro dun pase largo de Iván que o central local non acertou a depexar.

Pouco tempo tardou en reaccionar o Crocha que nunha xogada embarullada logrou empatar o encontro momentaneamente. Pouco lle duraría a alegría xa que nunha xogada de Ita con centro a Canarias, o defensa derriba a este dentro da área e o colexiado sinala a pena máxima, transformada por Kasillas dun disparo raso á basedo pau.

Colleríamos máis ventaxa cando Penka remata ó fondo das maias un corner votado por Lepe. O remate foi co pe case na area pequena....

Tamén dou tempo a ver como unha boa xogada de Canarias pola banda dereita foi desperdiciada por Ita cun ramte moi floxo ca perna mala.

A segunda parte comezou case sin intesidade dado que ambos equipos non sexogaban nada, o partido parecía abocado a deixar pasar o tempo ata o seu final. Pero o arbitro tomou protagonismo expulsando a Teaio con Vermella directa (si, outra vez) por propinar unha patada a un contrario cando o balón xa andaba por Corcubión...

O Crocha veuse arriba ante a superioridade numérica e creou varias ocasións, unha moi clara desvaratada cun paradón por parte de Iván nun remate a bocaxarro que finalmente foi dar ó longueiro da portería. O Taragoña puido haber sentenciado nun par de máns a máns co porteiro, nos que tanto Ita como Kasillas non superon definir, un cun intento de baselina que dou no longueiro e outro cun intento de regatear ó porteiro que non fructificou. O propio Kasillas tivo outra ocasión clara nun cnetro de Lepe que se perdeu nun intento de remate un tanto raro.

O que perdona acaba perdendo, di unha das máximas do fútbol e estivo a punto de suceder, porque nun corner (concedido ante a falta de comunicación dos xogadores por parte de Tembra) Angel (excompañeiro meu no Boiro) rematou co pe ó fondo das maias nun calco ó gol de Penka.

Non houbo máis sobresaltos e o derradeiro encontro da tempada rematou con outra victoria que a falta de saber o resultado do Cordeiro deixanos con posibilidades de acadar a cuarta posición.

Agora toca facer balance da tempada e afrontar outra máis con máis expectativas qeu esta espero, despois xa se verá o que sucede e o tempo porá as aspiracións no seu lugar, pero de inicio estas terán que ser maiores.

Saudos,e sorte para a copa.

Non quería deixar de felicitarvos a todos(Miguens tamén vai por ti) pola vosa moi boa campaña.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Crocha 2-3 Taragoña (1 de Maio de 2009)

Envío  kasillas9 el Mar Mai 05, 2009 5:16 pm

Creo que eso das espectativas poderiase devatir e moito pero bueno, cando un comenza a temporada soña con star o mais arriba posible pero segun van pasando as xornadas vas indo pouco a pouco o teu lugar. Esta claro que todos queremos gañala liga pero ai que ser realistas e facer un analise profundo das circunstacias,plantilla ect....pero repito que todos cando comenza a tamporada esperamos quedar arriba.
Por outra parte esta temporada ainda sen acabar e oxala nos keden moitas xornadas de copa,creo que a nivel "deportivo" creo que se lle teño que dar unha nota sobre dez seria dun 7.5,que estivo ben pero puidise mellorar algo,xa que deixamos escapar puntos relativamente fáciles ao meu entender, e tamen sufrimos poucas pero duras e severas derrotas(algunha das que doen no orgullo dun mesmo),pero de todas formas creo que a temporada ainda sen acabar repito creo que foi bastante boa. Agora temos a copa e espero que esteamos ao nivel axeitado para dar que falar e chegar a final que e o que todos esperamos.

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro