Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Ir abajo

Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  Lucho el Lun Mar 23, 2009 10:08 pm

A MIÑA CRÓNICA


Taragoña 2-1 Velacruz


E chegaron os 3 puntos...


Era unha tarde soleada na lomba, nunha semá intensa para o clube con dous partidos (Xoves e Domingo) e despois dunha xeira longa de resultados negativos. Así que saltou o equipo ó campo con gañas de facelo ben.

O once de partida foi o seguinte:

Yuli debaixo dos paús, unha defensa de catro homes con laterais mixtos, Carro e Lepe (defensivo e ofensivo) e os dous centrais habituais, Pedro e Penka. Morrillo para o medio centro defensivo, despois unha liña de tres con Valentín a esquerda, teaio á dereita e David no medio. Un media punta coma Ramón e o noso dianteiro máis incisivo, kasillas.

Empezou ben o encontro con varias ocasións nas botas do noso dianteiro, donde se veu que a sorte non o ía acompañar en toda a tarde (tranquilo Berto, han de acabar entrando. Ti segue así). Ata que unha boa xogada pola dereita, cun gran pase de Ramón á espalda da defensa foi aprobeitado por Teaio nunha boa acción individual para poñer ó equipo por diante no marcador dun tiro cruzado.

As ocasións seguironse sucedendo e Kasillas pudonos dar maior vantaxe nun par de ocasións, unha adentrandose na área despois de gañarlle ben as costas ó central e tirando alto dende o pico daarea pequena e outra nun remate acrobatico que non foi capaz de dirixir cara á portería.

Pero o que son os caprichos do fútbol, nunha falta inexistente, os nosos xogadores durmense e o rival aprobeita para sacar rápido, adentrandose na área e batindo de tiro raso cruzado a Yuli que non puido facer nada para evitar o tanto do empate.

Seguiron as malas noticias nesta primeira parte cando o noso capitán tivo que ser sustituido por un pinchazo na ingle, entrou no campo Ita.

Destacar desta metade do encontro o bo partido na media punta de Ramón.

Había caras longas no descanso e alguns reproches para o árbitro, pero as palabras do mister foron de ánimo para seguir traballando igual.

E así fixeron os xogadores, o guión foi exactamente igual que na primeira metade. O Taragoña creando e creando ocasións (malgastandoas todas) e o Velacruz sen ver a porteria contraria nin de cerca.

A segunda parte sirveu para ver como recuperamos para esto do futbol a Ita, que destacou notablemente con un par de internadas por banda esquerda servindo o balón para que rematará Berto, unha vez ó paú e outra repelida polo porteiro. Tamén fixo un gran traballo aguantando o balón de espaldas e tocando de cara, así vironse un par de bonitas xogadas.

Tanto foi o cantaro á fonte que acabou rompendo, non foi da forma máis preciosista (nun rechace dun tiro dende a frontal), pero sirveu para que Ramón nos dera os tres puntos tan ansiados.

Ainda houbo tempo para que kasillas e Tembra erraran un par de ocasións moi claras.

Non quixera deixar de salientar a gran labor da nosa defensa neste partido, donde cunha liña de catro e ante uns moi bos dianteiros anularon totalmente calquer ocasión de perigo. So o lunar da falta de concentración no saque da falta do gol contrario.

PD: quedoume a cámara na casa, asi que esta semá non temos reportaxe gráfico.

Saúdos dende Lustres.


CRÓNICA OFICIAL


El Taragoña ganó al Velacruz (2-1) en A Lomba, delante de ochenta personas. El cuadro local malgastó numerosas oportunidades, la más destacada un remate al poste de Alberto. Teayo abrió el marcador (min 15) y empataron los visitantes al filo del intermedio (min 40). Ramón selló el 2-1 a los 65.
Saúdos


Última edición por Milu o Xov Mar 26, 2009 2:27 am; editado 1 vez
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  Penka el Mar Mar 24, 2009 1:24 pm

Penso que neste partido fomos superiores ó rival e que a nosa falta de acerto cara a portería supuxo que o marcador non fora máis amplo. Fixemos un partido bo, tanto ofensivo (intentamos xogar o balón e creamos seis - sete oprtunidadeds de gol) como defensivo (só crearon dúas ocasións de gol).
Con esto por fin chegou unha victoria, que nos dou tres puntos máis, que ben que nos fixo, levabamos esperando por ela algún tempo. Laughing

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  Moncho el Mar Mar 24, 2009 6:13 pm

Estou co que di Penka, fomos superiores e so pasamos apuro e certa incertidume, pola nosa deficiencia á hora de finalizalas ocasións, xa que na primeira parte tranquilamente puidemos ir a vestiario cun 4 a 1 e falo de ocasións claras, inda por encima eles non chejaron practicamente á nosa portería e so nun erro de infantis conseguion marcarnos gol.
Xa na segunda parte houbo máis do mesmo co equipo noso aljo máis replegado que na primeira co obxetivo de ter espazos para sair á contra tivemos outras tantas ocasións claras e por claras refírome a claras e ó final o gol chejou de casualidade nun rexeite que apareceu no meu pé so co porteiro e que por fortuna conseguin marcar, e bueno pensei que o árbitro o ia a anular por fora de xogo pero no que polo viso había un xogador deles tirado no chan. Tralo gol eles vironse na obriga de levar o peso do partido o cal nos deixaba a nós máis opcións á contra inda que estivemos aljo precipitados en moitas accións de recuperación. Eles apenas crearon acción de perigo, tan so causaron aljo de susto en accións a balón parado posto que tiñan xogadores de embergadura. e como nós non conseguimos matar o partido á contra houbo incertidume ata o final do partido.

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  kasillas9 el Mar Mar 24, 2009 6:48 pm

Si por fin chegou a victoria,xa sei que an de acabar entrando pero mentres no no faga...... o encontro gañamolo e por iso non pasa na pero se en vez de gañar volvemos empatar,so digo que se podian ter moitos mais puntos dos que temos se aprobeitasemos mellor as ocasions,pero bueno esto e segunda rexional non,pero jode igualmente.
En canto o partido creo que fomos moi superiores en todo o partido,fallando incontables ocasions de gol(moi claras), puxemonos por diante, pero nun fallo defensivo(o unico en todo o encontro) encaixamos o gol en contra e hai empezaron os nervios o ver estragadas tantas ocasions de gol. Pero o final tivemos a sorte de que Ramon pescara un balon solto dentro da area e a enchufara. Creo que o equipo estivo moi ben tanto en defensa como en ataque(a pesar de fallar como unha escopeta de feria).
Este e o camiño a segir, intentalo intentalo e volvelo a intentar,e se non sae pois nada cabeza arriba e a segir.
Coidado co proximo desprazamento a Agron,partido mo duro que nos pode meter outra vez hai arriba.

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  Lucho el Xov Mar 26, 2009 2:28 am

Actualizado o primeiro post ca crónica oficial.


Saúdos
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  Moncho el Xov Mar 26, 2009 11:23 am

Viva a Voz, coma sempre a tope, polo menos desta volta adicounos 3 liñas

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  kasillas9 el Xov Mar 26, 2009 6:27 pm

Joba Ramon,non te keixes que esta vez dixo que habia 80 persoas....asta insinua que xogamos ben. Cachis agora que o periodico nos empeza a coller cariño e acabase a liga,veña que dure tres meses mais,o mellor asi case somos medios galacticos.

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  Moncho el Xov Mar 26, 2009 6:44 pm

Ti cres, eu recordo que a principio de tempada facianos máis caso, incluso tiñamos un parrafo para nós sós pero vese que o "periodista" ( e o das comiñas non foi sen querer) este foi perdendo interese. Sad

Volver arriba Ir abajo

la voz de galicia

Envío  lepe el Xov Mar 26, 2009 10:57 pm

eu penso que nunca tubo ointeres o que pasa ibamos arriba e claro non lle quedaba outra, pero bueno ahora que nos pode evitar pois aproveita e faino, a os da voz de galicia por se non se deron de conta estamos fartos dos comentarios hacia nos, preferimos que non comentedes porque pa o que comentades...

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Velacruz (22 - Marzo - 2009)

Envío  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro