Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 4-3 Cures

Ir abajo

Taragoña 4-3 Cures

Envío  Lucho el Sab Ago 28, 2010 2:41 pm

Outro partido de pretempada, esta vez, entre semá.

Vou comentar pouco sobre o partido, porque mellor olvidalo. Demasiadas cousas mal (deportivas, extradeportivas...)

Quedarse co positivo. Fili realizou un hat-trick, e quedase connosco para o resto de tempada. Berto sigue marcando, e ainda na nosa peor noite, conseguimos gañar.

Boa disposicion de todos a solucionar os problemas.

A olvidar esto, e Domingo intentar realizar un bo papel.

Saúdos a todos
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 4-3 Cures

Envío  kasillas9 el Xov Set 02, 2010 1:24 am

Pois pouco máis que decir a verdade, creo que Milú o comentou todo. Só recalcar o tema de que nun dos peores días que un se poida immaxinar, conseguíuse gañar, ainda que era o de menos. Hai moitas cousas que correxir, e non só dentro do terreo de xogo. A boa nova é que todos, ou polo menos eso está a parecer, queremos remar no mesmo sentido, e así a verdade e que vai ser máis doado salir adiante.
Benvido Fili!!!!

Volver arriba Ir abajo

MOITA SORTE E ABRAZOS!!!!

Envío  pereira el Sab Set 04, 2010 1:23 pm

Moi boas!!!

Por fin consigo que o "ordeñador" non me falle ao escribir na páxina!!!! que non é que non vos lera, é que non podía escribir.
Antes de nada, mandarvos un saúdo e os meus desexos de que este ano teñades moita sorte e po-lo menos, non teñamos o sufrimento do ano pasao ao final....eso sí, teremos que recoñecer que é cando máis se disfruta do fútbol, eh?, cando hai que pelexar duro por un obxectivo!!!. Disfrutei máis do final de liga do ano pasado que algún ano que pelexaba po-lo ascenso se me descuido!!!.
Así que o dito, MOITA SORTE ESTE ANO!!!!!
E no meu caso, pois nada, comentarvos que comencei con Aguiño este ano a pretempada, de feito xoguei os dous primeiros amistosos. E a miña idea era seguires alí, máis que nada po-la xente e po-lo novo adestrador, un rapaz de alí que ia moitas veces a vernos. Pero os cambios foron moitísimos. Do ano pasado do equipo teóricamente "titular", solamente quedábamos tres...o resto todas incorporacións novas, nalgúns casos que milloraban o que había, e noutros que non, coma en todos lados. En canto a porteiros, ficharon a Fran, un rapaz que non estaba xogando, para competir conmigo, o cal agradezo, po-lo menos para meter un pouquiño de presión, que sempre ven ben a todo o mundo.
Pero os amigos meus da zona, todos de Palmeira, foron case todos de regreso ao clube do pobo.....e comezaron a chamarme. Eu dixen que non en principio, pero ficharon ao novo adestrador, Iago Iglesias, que era o porteiro conmigo os dous anos que xoguei en Palmeira, e que estaba no Pontevedra B de segundo de Luis Casais. Ao rematar alí, e como non renovaron en Pontevedra, non estaba entrenando nin nada, e como está facendo o nivel III, propuxéronlle botar unha man para tratar de que o Palmeira non desaparecese e fora algo serio. E aceptou. Cabe dicir que él e mais eu somos moi amigos, pois compartimos paixón po-la portería, e dedicación aos entrenos dos porteiros (eu entreno ós do Laracha e el aos do Santiago)....e chamoume varias veces ata que me convenceu. E decidín deixar Aguiño e voltar ao Palmeira para pelexar por subir a 2ª este ano.
Tamén teño que decir públicamente que o Aguiño portouse de maravilla, e que eu non fixen nin din o paso ata saber que quedaba outro porteiro alí e que xa estaba adestrando con nos, David Cayón, que xogou contra vos o ano pasado co Ribeira. De feito, eu falei con el para que fichara e o equipo non quedara colgado. Se non fora así, non deixaría o Aguiño. Pero vendo que quedaba cuberto o posto, decidín voltar a xogar coa xente que coñezo e con tema ben levado e bastante serio: adestramos 3 días por semana, puntuais, 19-20 tíos en todos os entrenos, peso ao chegar e ao sair, material...etc. Pena non acompaña o campo de herba, que está feito polvo. Pero bueno, pouco a pouco. Po-lo menos hai intención de facer ben as cousas.

E velaí a historia. Así que este ano, desgraciadamente non vou poder xogar contra vos no campo novo (maravilla está o sitio....xoguei o maratón do Unión e encantáronme as instalacións....eso sí, un carteliño máis grande non lle viña mal para chegar a el...je,je,je), pero seguro que nos seguimos a pista, e malo será que non coincidamos pronto nun campo, xa veredes!!!!

De todas maneiras, seguireivos informando de como van as cousas, e pendente de como vos vai a vos.

como sempre, un placer poder escribir aquí.

MOITA SORTE E MOITO ÁNIMO. A SEGUIR DISFRUTANDO DO MELLOR DEPORTE DO MUNDO!!!!

UN SAÚDO MOI FORTE A TODOS E UN ABRAZO PARA ALBERTO!!!!!

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 4-3 Cures

Envío  kasillas9 el Dom Set 05, 2010 11:02 pm

Por fin te animas a escribir, palanquín!!! Que nos tiñas abandonado jejeje. Por certo que sego esperando a túa invitación en Boiro, (vas ter razón e as de Palmeira sonche rabudas ehh?) jijiji.
De todo corazón a ver se tendes sorte e podedes subir ao Palmeira, e así pronto volvernos ver nun campo de fútbol. No que tes razón e que as instalacións novas son fantásticas, e máis pra alguien coma nos que leva toda a vida xogando en terra.
Moita sorte e un saúdo, e non deixes de poñernos ao día das novas que por ahí acontezan.
Saúdos Pereira!!!

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 4-3 Cures

Envío  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro