Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10)

4 participantes

Ir abajo

Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10) Empty Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10)

Mensaje  kasillas9 Jue Abr 08, 2010 9:55 pm

Chegaba a este encontro o cadro de Joaquín Miguéns coa necesidade imperiosa de conseguilos tres puntos, xa que o marxen de erro case é nulo a estas alturas de Liga. O seu rival era o Sporting de Lampón, un rival veciño, que chegaba a este encontro sen ningunha necesidade nin motivación. Froito desa falta de competividade foi a aplastante diferenza de ritmo que puxeron uns e outros na disputa do partido. Para conseguila victoria o once inicial foi o seguinte:

1. Yuli.
2 Chopo.
3. Tembra.
4. Penca.
5. Carro.
6. Lepe.
7. Manel.
8. Rafa.
9. Berto.
10. Milú.
11. Teaio.

O dominio e as oportunidades nesta primeira parte foron por parte do equipo local, que a sabendas do que se xogaba, foi a polo partido dende o primeiro minuto. Pronto chegaría a primeira gran oportunidade, na cabeza de Milú que remata dentro da área, pero o seu bo remate foi desviado nunha gran parada de Javier, que nesta primeira parte se convirtiría no mellor xogador visitante. Non sería a única ocasión, xa que no saque dun corner, Javier volve sacar dous remates de gol cantados, a remates de Berto e Milú. Por parte do equipo visitante decir que apenas crearon perigo agás unha oportunidade que Chopo acaba despexando. Chegaría o primeiro gol, cun pase á espalda da defensa, que o central non acerta a despexar e Berto so diante do porteiro báteo por baixo. Apesares de adiantarse no marcador, o Taragoña no baixou o ritmo e foi na procura de outro tanto máis que dese un chisco de tranquilidade, e así sería nunha gran xogada de Teaio, que chega linea de fondo e cede atrás pra que Berto so teña que empurralo balón ao fondo das mallas defendidas por Javier.
Na segunda metade pola contra nada cambiaría. O Lampón seguiría sen crear apenas perigo eo Taragoña intentando pescar unha contra que matase definitivamente o encontro. Pero o tecer tanto chagaría dun saque de esquina, que Penca remata na áera pequena, sentenciando así o encontro. Puido ser máis abultada a victoria se Lepe chegase a atinar no lanzamento dun penalti, cometido por Javier sobre Berto, que saíu un chisco desviado.


Agora o Taragoña visita o campo do difícil Puebla coa intención de seguir sumando para proseguir coa súa loita pola permanencia. Destacar que cada semana hai un equipo novo metido na zona baixa e que ten que loitar por non descender. Ao meu entender estaremos pelexando por non descender ata a última xornada o Taragoña, Abanqueiro, Lesende, Agrón, Aguiño, Bastabales e Porto do Són. Haber que é o que consegue salvarse.

O mellor: A actitude do equipo na procura da victoria, que ainda conseguindo adiantarse no marcador, seguíu na procura dun novo tanto. Destacar que o equipo deu unha moi boa imaxe no plano físico, despois de que se dudase del na segunda metade do partido fronte ao Velvís.

O peor: Os resultados non acompañaron de todo ao Taragoña, e terá que puntur polo menos na Puebla para depender de si mesmo.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10) Empty Re: Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10)

Mensaje  Lucho Vie Abr 09, 2010 8:16 pm

Pois pouco máis que decir, a estas alturas de tempada, xa o que importa solamente e sumar de tres en tres, e consigueuse, asi que nada. Ánimo para este Domingo facer o mesmo.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10) Empty Re: Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10)

Mensaje  Penka Sáb Abr 10, 2010 2:20 pm

Pois a verdade é que si, boa crónica, espero que fagamos un bo partido na Puebla para tratar de sacar algo, que sería importante. Ánimo e a por todas

Penka


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10) Empty como está a cousa.

Mensaje  pereira Sáb Abr 17, 2010 3:18 am

Moi boas!!!! Como está o tema, eh?. Non da chegado o Domingo,,,,estes son os días que máis me gustan do fútbol,,,,tanto se é para non baixar como se é para subir ou gañar algo,,,,agora é cando temos que dar a talla.
Pola miña parte, e de algún compañeiro como Santi, o central rubio, sabes?, dicíamos hoxe no entreno que nos joderia que fórades vos ou nos os que baixáramos. Nos por obvio, e vos porqeu fóchedes o equipo máis deportivo co que xogamos en toda a liga. Se por nos fora, o Agrón e o seu campiño podianse ir á Terceira agora mesmo,,,jesús, qué leira!!!! E o Abanqueiro tamén,,,,,por malos compañeiros (un deles tivo un detalle moi feo ríndose de min cando nos meteron 7 e eu estaba cabreado no 6 gol,,,falando solo conmigo mismo,,,,,e veuse rir ó celebra-lo,,,,,pero xa o collerei).
Po-la nosa parte, gañamos o outro día ao Brión. Puxémonos 0-3, e tranquilos, pero nun centro, foi moi parecido ao que me meteches tí en Aguiño, pero esta vez fallei bastante en atacar o balón, espereino un pouco de máis, e tragadiña,,,,,en fin, o xogo aéreo deberían prohibilo no futbol,,,je,je,je.
Apretaron bastante, e marcaron o 2-3 nun bo gol de volea dende o borde da área. Metemos 2-4, e coma sempre, fallamos duas ou tres ocasións moi claras, e nunha falta da frontal, un zurdo que teñen arriba, pegouna impecable por riba da barrera,,,,e para o cesto. E finalmente marcamos o quinto, e xa rematamos 3-5. Ah, sí, anuláronlle a eles un gol no segundo tempo por fora de xogo no saque dunha falta. Eu teño algunha duda de que fora, pero como había líneas, supoño que o verían máis claro eles. Dende a portería, ao ser un balón frontal colgado no punto de penalty, é difícil valorar ben.
Disgustoume moito o entrenador deles.....de feito pareceume un maleducado. E sobre todo, mal deportista: nun corner, luxeime o meñique da man dereita ao coller o balón arriba e chocar coa cabeza dun dos centrais do Brión, coloqueino eu no sitio cando caín no chan, e estaba vendándoo, e empezou a berrarme que perdía tempo, que me sacaran do campo, despois cagouse na puta da nai do árbitro a voz en grito, berrando a todo o mundo, a mín díxome que se era un vello, que si a ver qué facíamos,,,,,,,en fin, moi mal. De feito,e expulsárono. E flipei co número 10 deles, o zurdo este da falta. Qué toque de balón ten o tío,,,,espectacular. Un pouquiño fantasmilla (cando tiraba as faltas sempre di "ahí che vai",,,como se fora Cristiano,,,,en fin, rapazadas. pero moi bo xogador,,,eso sí, a dereita, para apoiarse, machiño.
Son un bo equipo, a verdade.

Bueno, e iso é todo. Soamente desexarvos a millor das sortes para o domingo. Que gañedes vos, que gañemos nos, e que os resultados sexan os millores.
Un saúdo e forza, Alberto. Para tí e para os teus compañeiros.
Pere.

pereira


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10) Empty Re: Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10)

Mensaje  kasillas9 Dom Abr 18, 2010 2:47 am

Hola amigo, pois nos como xa verás na crónica, que ainda non fixen...que palaquín tou feito..jejeje...non fixemos mal partido na miña opinión. De feito fómonos ao descanso plantadolle cara ao Puebla, perdendo un a cero, pero cun claro, claro moi claro penalti que me fixo o central pobrense, tras un erro seu o intentar regatearme, que o árbitro nin os linieres quixeron pitar..pero bueno supoño que non o viron...este penalti e unhas cantas ocasións marradas, esto ante un rival como o Puebla pois acaba mal. Como así foi. Na segunda metade un centro dende a banda acabou nun golazo....se chega a ser intencionado seria a repera pero sumou no marcador que ao fin e ao caba conta como se fose adrede. quen mo dera a min..jejeje. Logo chegaría o terceiro e ahi acabaría o encontro ainda que recortamos distancias cun gol meu..vou ser realista e decila veerdade, era fora de xogo é na miña opinión moi claro. Agora xa non dependemos de nos, e a verdade seamos sinceros, temolo moi moi jodido, pero teño moi claro, moito se teño que baixar a terceira eino facer pero pelexando ata último momento. E tela conciencia trankila de habelo intentado e dalo todo, e se non somos merecedores de quedar en segunda, pois non pasa nada que desto non vivimos. Jode pero é un xogo e como tal se devería pensar. Pero bueno paso a paso, primeiro intentar gañar domingo e logo que pase o que teña que pasar.
Amigo Pereira na miña opinión vouche decir que oxalá vos salvedes e claro, nos tamén. Na miña opinión se fose por min baixaba o Velvís teño moi claro, non por que me caian mal nin nada, pero prefiero xogar contra equipos de por aquí e non ter tantos desprazamentos lonxanos, que todos somos equipos humildes e eso da perdas, xa que a equipos de santiago nadie os ven ver, e non se xenera cartiños na cantina nin na entrada ( non é que se faga moito a verdade, cada vez veñen menos xenta ao fútbol), pero supoño que á xente gustalle ver máis un Taragoña Unión, que un contra o Laraño ou o Velvís.
Asique de verdade moita sorte Pereira!!!
Pero non sei se darche sorte porque nos vai facer moita falla a nos tamén...jejeje. É broma un saudo ao Aguiño.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10) Empty Re: Taragoña 3-0 Lampón (04/04/10)

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.