Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Ir abajo

Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Envío  kasillas9 el Lun Mar 22, 2010 10:55 pm

Chegaba a este encontro o Taragoña coas ideas moi claras, a de sumalos tres puntos como fose pra non quedarse descolgado da loita por saír dos postos de descenso. Apesares das numerosas baixas, nadie ou case nadie, se podía imaxinar o desenlace deste encontro. Saltaría ao campo o un once formado por:

1 Iván
2 Chopo
3 Tembra
4 Carro
5 Penca
6 Lepe
7 Teaio
8 Yuli
9 Berto
10 Rafa
11 Ita

Comezaría o encontro, marcado polo fortísimo vento que había no campo do Aguiño, situado ao carón do mar. Un forte vento que non devería ser excusa xa que tanto sería para nos, como para eles. Pronto chegarían sa malas novas ao cadro de Joaquín Miguéns xa que no rechace do corner sacado polo Aguiño, e aproveitado por un xogador local, para lanzar dende a frontal, que tras golpear nun xogador do Taragoña o balón acaba entrando na portería defendida por Iván. Respiraría un chisco o Taragoña un pouco, dez minutos máis tarde co empate de Berto, que remata un bo centro de Lepe. Pero de novo as mañas novas...outra lesión... a de Ita desta volta.
Na segunda metade o dominio sería total do Aguiño que encerraría ao Taragoña a base de colgar balóns no área, e de saques de esquina. Calquer golpeo, rechace ou desvio de balón, co tremendo vento que facía, o balón acaba peligosamente no área do Taragoña. Tivo unha grande e clara ocasión o Aguiño de poñerse por diante cun disparo desde fora da área do dianteiro local, que se estrelaría no pao. Pola súa contra o Taragoña tivo un par de achegamentos en varias contras que non souvo finalizar. E así remataría o encontro, repartindo un punto para cada un, que non satisface e ningún dos dous.


O mellor: Yuli, o seu traballo nun posto que non é o seu foi tremendo. O desgaste físico que tivo que realizar foi moi importante. E de agradecer a súa entrega no terreo de xogo.

O peor: A perda de dous importantes puntos, que esperemos que non botemos de menos a final de temporada. E tamén e como non a lesión de Ita, outra baixa máis para a semana seguinte.

Volver arriba Ir abajo

Re: Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Envío  Lucho el Lun Mar 22, 2010 11:01 pm

Sempre non perder é positivo, pero a estas alturas da tempada fainos falta ir de tres en tres.

O máis negativo aqui é a enésima lesión, esta vez a de Ita, que nos facía moita falta agora mesmo.

Esperemos que para a semá que ven recuperemos a alguen, pois o partido pode ser o máis decisivo que nos queda.

Sorte e a dalo todo no campo.

PD:Quería felicitar a Yuli pola súa labor nestes dous partidos (nun marcando e todo) e pola súa labor tamén á fronte do equipo nos entrenos. Graciñas.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Envío  Penka el Lun Mar 22, 2010 11:53 pm

Penso que na primeira parte debemos encerrar un pouco máis ó Aguiño, xa que tiñamos o vento a favor e o balón ó golpealo ía de volta para o campo deles. Debemos saír un pouco máis enchufados no partido, deu a impresión que ata que marcaron o gol non espabilamos, a verdade.
Despois no segundo tempo estuvimos case sempre defendendo, xa que non saiamos da nosa portería, excepto en algunha contra que fixemos.
Dende o meu punto de vista era un partido complicado, e cando vin o vento que facía máis, xa que era bastante complicado ir á procura do balón.
Por certo, a ver se deixamos de ter lesións, que ata neso estamos indo mal

Volver arriba Ir abajo

animos para Ita

Envío  pereira el Sab Mar 27, 2010 6:24 pm

Hola. Soy Pereira, el portero del Aguiño. Quería dejar un mensaje de ánimo para Ita, que no sea nada grave y se recupere pronto, para seguir disfrutando mucho de esto. Un saludo fuerte y que te mejores y estés listo para este final de liga. Sé lo que se sufre, la temporada pasada en el Ponteceso SD no jugué ni un minuto poruqe me rompí en pretemporada el primer día,,,,y hasta este año estuve sin poder hacer nada, así que FORZA!!!, ya verás como no es nada.

Un saludo a todos y suerte!!!

Teneis razón, con ese viento era dificilísimo jugar, en cualquiera de los dos sentidos, a favor y en contra. El penalty que le hice a Alberto cuando le di un puñetazo (sin querer, eh?, que llegué tarde), fué porque cuando iba a por el balón, que era muy claro, se quedó muchísimo, y cuando me dí cuenta, ya lo tenía encima.
Me gustó mucho Iván, me parece muy buén portero. Y Alberto,,,,,joder, machiño, para de correr!!!!,,,je,je,je

Lo dicho, mucha suerte y ánimo para todos, en especial para Ita.

Volver arriba Ir abajo

Re: Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Envío  kasillas9 el Sab Mar 27, 2010 11:57 pm

Hola Pereira, son kasillas, darche a Benvida a este foro, e decirche que ainda que non son o creador, digoche que tes via libre para asociarte comnosco e darnos noticas do Aguiño se queres. Moi bo detalle o dos ánimos a Ita, si señor. Espero que nos vexamos por Boiro, e así se me invitas a un cacharriño perdonoche, jejejeje......veña se non invitoche eu...por tomar unha que non quede..jejeje. Por certo se deixo de correr que me queda.jeje.
Un saudo Pereira, xa nos veremos compañeiro!!!!

Volver arriba Ir abajo

Re: Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Envío  pereira el Dom Mar 28, 2010 12:37 am

Hola!!! Graciñas po-la benvida!!!! non coñecía o foro, pero buscando no google detalles dos partidos atopei os vídeos do partido da primeira volta e o foro....e como me lembraba do de Ita, e como sempre me pon medo o das rodillas, quería deixarlle unha mensaxe, e decidín rexistrarme. Así tamén vou coñecendo xente doutros equipos, je,je. A miña lesión no Ponteceso foi moi parecida, eu só, no primeiro entreno da temporada, e rompín o menisco e toquei o cruzado. Así me puxen de jordiño....e iso que xa baixei de carallo!!.....pero xa ves, á miña edad é mais complicado. Por iso me preocupei por Ita. ADemási, ao fin e ao cabo, todos somos compañeiros. Por certo, ¿como está?, foi grave ou ó final solamente o susto?
Po-lo cacharro de Boiro, conta con él se vou por alá (a jefa e o pequecho téñenme amarrado en PAlmeira, pero caer, caerá seguro un sábado destes,...je,je,je). Ademáis, pago eu, qué coño!!!! a ver se á próxima non me entras ao centro e ma metes no caldeiro de cabeza!!!!!
Xa vos irei contando entonces do Aguiño, po-lo menos este ano, que para o próximo aínda non sei onde vou tocar......po-lo de pronto renovei no LAracha como adestrador de porteiros, que é onde entreno e ó que me dedico entre semana.
BUeno, xa che puxen ao día máis ou menos de como vai a cousa. Animo e sorte mañán!!!!!
Falamos!!!! Un saúdo.

Volver arriba Ir abajo

Re: Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Envío  kasillas9 el Dom Mar 28, 2010 2:07 pm

Pois a verdade e que de Ita pouco sabemos ainda, xa que está pendente de probas, pero a priori non creo que sexa moito, o que pasa e que o ser na rodilla aino que tomar moi en serio.

Volver arriba Ir abajo

Re: Aguiño 1-1 Taragoña (19/03/10)

Envío  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro