Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 2-1 Bastabales (14/03/10)

Ir abajo

Taragoña 2-1 Bastabales (14/03/10)

Envío  kasillas9 el Lun Mar 15, 2010 7:11 pm

Coa necesidade imperiosa de conseguilos tres puntos ante o Bastabales, chegaba o Taragoña a este encontro. Primeiro, intentar escapar dos postos de peligro, e segundo gañarlle a un rival directo, e así, metelo a el tamén en complicacións. saltaría o Taragoña ao campo de Santa Lucía (campo que está a traer bastante sorte), coa seguinte alineación:
1 Yuli.
2 Chopo.
3 Tembra.
4 Carro.
5 Penca.
6 David.
7 Teaio.
8 Rafa.
9 Berto.
10 Milú.
11 Lepe.
Deixando no banco a:
12 Alexito.
13 Iván.
14 Jonathan.
15 Ita.

Comezaría o encontro cunha idea clara, a de que o Taragoña quería conseguilos tres puntos, e o Bastabales non quería perder, co cal un empate no lles importaba. Comezaría o Taragoña intentando dominar o partido. Pero tendo moito coidado coas contras do Bastabales, e facendo un especial caso de Fernando, o dianteiro do equipo visitante. Pronto chegaría o primeiro gol local, que sería obra de Milú que, despois dun gran desmarque, recibe un pase dentro da área e bate por baixo ao porteiro visitante. Pero pouco duraría a alegría, xa que nunha xogada elavorada, coma todas as do Bastabales, (patapummmmmmm dende a súa área), o balón caelle a un xogador visitante despois dun erro na defensa local, e cando este se dispoñia a centrar o balón golpea en Tembra. O colexiado sinalou penalti. Non o fallarían eo empate instalaríase no marcador. Tería o Taragoña a oportunidade de metelo segundo, pero Berto mandaría o balón por enrriba da portería visitante.
Habería máis oportunidades nesta segunda metade, por ambos lados. A máis clara poidera ser a que errou Fernando nun man a man con Yuli, que o dianteiro enviou fora incompresiblemente, e outro man a man que Yuli desbaratou. Pero eso foi todo o perigo do Bastabales, que se me descoido, non tirou máis tiros en todo o partido. Tería o Taragoña varias oportunidades tamén, pero que non soubo aproveitar. Berto por duas veces enviaría o balón ás nuves, mentres que Ita e Teaio non souveron finalizar cadansúa xogada dentro do área. Todo parecía estar sentenciado co empate, cando Tembra puxo un centro medido que Berto volve errar e non lle da, pero que Teaio empurra no segundo pau ao fondo das mallas. Por fin un chisco de sorte, a medias, e digo a medias, porque gañamos tres puntos moi moi importantes, pero perdemos a un xogador igual de importante que os tres puntos, Milú, que tivo que retirarse tras un esguince (eso apunta, falta facerlle as provas).


O mellor: Os tres puntos, e a capacidade do equipo de loitar ata o último momento.

O peor: A lesión de Milú, o cal se perderá o vindeiro partido fronte ao Aguiño este Venres, e é seria duda para o do Porto do Son o Domingo.

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Bastabales (14/03/10)

Envío  Lucho el Mar Mar 16, 2010 12:20 am

Pois al fin algo de sorte, e acaba o partido cun bo sabor de boca. Era crucial gañar, e consigueuse, ainda que con moito esforzo e sufrimento.

Despois da visita a Coaxe, o tobillo quedase en 3 fin de semana parado (asi que, os catro vindeiros partidos non os poderei xogar), dame moita rabia pois é xusto donde se vai decidir o noso futuro...pero é o que hai, confio en que todos os meus compañeiros saquen esto adiante canto antes mellor.

Ánimo a todos e noraboa pola victoria.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Bastabales (14/03/10)

Envío  Penka el Mar Mar 16, 2010 3:47 pm

A verdade é que este partido foi de moito sufrimento, xa que ata o último suspiro non conseguimos o gol da victoria. Penso que no xeral do partido fomos mellores e merecemos gañar, dispuxemos de máis ocasións que o rival e lástima de non marcar algunha antes. O resultado é satisfactorio. Debemos continuar pelexando cada partido ata o final.


Lástima o de Milu, xa que é un xogador importante, a ver se se recupera pronto Mad

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Bastabales (14/03/10)

Envío  lepe el Xov Mar 18, 2010 4:45 pm

A verdad e que si, que neste partido facianos moita falta os tres puntos, e despois de vistos os resultados desta semana mais todavia se non ibamonos meter en postos de descenso.O negativo a inoportuna lesion de Lucho pero son cousas do futbol,nada mais que desearlle unha pronta recuperacion.
En torno o equipo despois de velo entrenar esta a semana no partidillo de adestramento contra o union o cal me dou un pouco mais de moral, da que xa tiña, para o partido do aguiño xa que vin que podemos ser un equipo moi competitivo,e sobre todo vin que o problema do medio campo podemolo ter resolto se finalmente Yuli acaba xogando nesa posicion xa que por sacrifio e ganas non lle gana nadie.
Ahora so falta traer os 3 puntos de Aguiño o cal deixarianos a 9 puntos e seguiriamos escalando posicions na taboa.

Volver arriba Ir abajo

Re: Taragoña 2-1 Bastabales (14/03/10)

Envío  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro