Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Carcacía 3-2 Taragoña ( 07/03/10 )

Ir abajo

Carcacía 3-2 Taragoña ( 07/03/10 )

Envío  kasillas9 el Lun Mar 08, 2010 10:17 pm

Chegaba o Taragoña ao campo do Carcacía coa necesidade de puntos e coa interrogante nalgúns xogadores de si o equipo anfitrión baixaría a intensidade de competición por non se xogaren nada, cousa que pouco se tardou en comprobar en que non sería así. Coa novidade da baixa obrigatoria de Manel, por lesión, saltaba o seguinte once ao terreo de xogo:
1. Iván.
2. Chopo.
3. Tembra.
4. Carro.
5. Penca.
6. Lepe.
7. Teaio.
8. David.
9. Berto.
10. Milú.
11. Rafa.

Nesta primeira parte creo que o dominador foi o Taragoña que xogando á contra dispuxo de varias oportunidades para deixar bastante ben encarrilado o encontro. Pero como sempre o que perdoa acaba pagando. E ainda que a posesión do balón pertencía ao Cacacía nuha gran mioría o peligro levavao o Taragoña en cada roubo de balón. Esto tiña un problema lóxico, o estado físico. A zona onde se roubaban os balón eran demasiado atrasadas para montala contra, e ainda que nas dúas ou tres primeiras ocasións se fose capaz de crear peligro á contra, ese ritmo é moi dificil de aguantar, e non che digo manter a cabaza fría para poñer catro ou cinco balóns de gol aos dianteiros, como ten que facer Milú. Que creo na miña opinión que ainda que todos teñamos que "botar unha man en defensa" para roubar balóns, pola baixa notada de Saborido, ou algen que se manexe por esa zona, non corresponde a Milú esa función, xa que é o único que ten capacidade de dar catro ou cinco pases con algo de perigo. (esto só é unha opinión persoal, non unha crítica).
Pronto chegaría o primeiro mazazo para os visitantes que nun despiste defensivo o dianteiro rival anticipouse a súa marca e o Carcacía adiantabase no marcador. Costaría pero chegaría o empate antes do descanso, tras un contragolpe conducido por Miú, este pasa a Teaio para que remate ao fondo das mallas cun tiro dende dedntro da área.
Na segunda metade todo cambiou, o que facía as contras nesta segunda metade era o Carcacía. O Taragoña subiu as súas liñas un chisco e iso aproveitouno o Cacacía para enganchar dúas contras e finiquitar o encontro. O Taragoña tivo as súas ocasións pero non foi quen de materializalas, ata os minutos finais donde Berto recolle un balón solto no segundo pau eo empuxa ao fondo das mallas. Reclemaron os visitantes penalti nuha xogada rápida. Tras un saque en longo do porteiro visitante, o balón pasa por encima dos centrais e controlao Berto, que se adentra na área mentras o defensa o vai agarrando...piiiiiiii!!!! soa o sibato....falta en contra e tarxeta para Berto!!!Bueno polo menos esta vez non foi por protestar.( tomo a broma porque non me queda outra). Decir que a nivel de exixencia non hai nada que reprochar ós xagadores que creo que o deron todo no campo, a veces con máis gañas que idea, pero con todas as gañas. Agora a pensar no Bastabales, e intentar sacar os tres puntiños que agora máis ca nuca empezan as finais de verdade.


O mellor: A capacidade de entraga dos xogadores, que acabaron rotos físicamente, entregaronse ó máximo.

O peor: A idea de que ainda que se está a facer todo o posible por gañar, non se están a encontrar os resultados esperados.

Volver arriba Ir abajo

Re: Carcacía 3-2 Taragoña ( 07/03/10 )

Envío  Penka el Mar Mar 16, 2010 3:37 pm

Boa crónica, ainda que penso que na primeira parte non fomos tan dominadores, aínda que si tuvemos algunha ocasión de gol. Penso que durante un bo tempo, o Carcacía moveu ben o balón e foi algo superior a nós.

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro