Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Laraño 0-3 Taragoña ( 24/01/10 )

Ir abajo

Laraño 0-3 Taragoña ( 24/01/10 )

Envío  kasillas9 el Lun Xan 25, 2010 6:57 pm

Coa novidade da ausencia de Tembra no once inicial despois de moitas xornadas como principal novidade xunto coa reaparición de chopo no lateral dereito saltaba ao terreo de xogo o Taragoña. Un equipo formado con Iván na portería, cunha defensa formada por Chopo, Manel, Penca e Lepe, por diante o medio do campo quedou para Teaio, Saborido, Morrillo e Milú, deixando así a dianteira pra Ita e Berto. ( Haber se esta semana non meto a pata e non me engaño no equipo ).
Comezou o encontro un chisco apagado sen demasiadas ocasións por ambas partes, pero pronto se vería que os únicos problemas que nos facería o Laraño serían os nosos propios erros e así se puido comprobar nesta primeira parte. Unha primeira parte sen demasiada historia onde na miña opinión o Taragoña foi claro dominador tanto en posesión como en ocasións. E así pronto chegaría o primeiro gol nun pase en profundidade de Morrillo que controla Berto e bate por enrriba do porteiro visitante. Despois deste gol o Laraño coninuou sen crear apenas perigo na nosa portería, ata que Ita deixaría practicamente o encontro decidido batendo ao porteiro local cun tiro desde dentro da área.
Na segunda metade o Taragoña saleu un chisco dormido na miña forma de velo pero ainda así puido ser de escandalo a goleada se os dianteiros do Taragoña estiveran un pouco máis atinados ( pero bueno iso non é novidade ), xa que tanto Josy, Morrillo, Teaio, e Berto por partida doble tiveron goles cantados nas súas botas. Decir que esa táctica do Laraño, de poñela defensa no centro do campo e non presionar a saida do balón...foi un poco rara. E así chegaría tamén o terceiro gol cun pase á espalda da defensa local que Teaio controla e pon un centro perfecto para que Berto empurre ao fondo da portería. Decir que o encontro suspendeuse dez minutos antes da hora por un barullo dos xogadores locais contra ó arbitro ó este expulsar ao capitán local por reiteradas protestas.

E agora siiiiiiiiiii. Xa podemos decir que esta semana xogamos contra o UNIÓN, que ainda que non é a nosa liga agora mesmo, ¿pois a quen non lle gusta xogar este tipo de partidos? Decir que estaba previsto que este encontro fose o que estrenase o campo novo de Vilas pero por problemas non será así, e xagarase en Santa Lucía coma sempre ( o cal se me apurades un chisco creo que nos ven mellor ). Animo chavales que non se diga que non o intentamos.

Volver arriba Ir abajo

Re: Laraño 0-3 Taragoña ( 24/01/10 )

Envío  Penka el Mer Xan 27, 2010 1:03 pm

Ben explicado, na primeira parte penso que fomos superiores ó rival e fruto deso aproveitamos dúas das ocasións que tuvemos para facer gol. Na segunda parte foi un partido máis parado, con moitas interrupcións no xogo, faltáballe ritmo. Agora a pensar no partido deste fin de semana.

Volver arriba Ir abajo

Re: Laraño 0-3 Taragoña ( 24/01/10 )

Envío  Lucho el Sab Xan 30, 2010 3:48 pm

O primeiro foi unha gran baselina, un autentico golazo e ca zurda.

O segundo foi despois dunha pelexa de Berto ata conseguir roubarlle o balón o defensa (a peor defensa que vin fai tempo...) e darlle o pase da morte a Ita para que rematara a porta vacia.

O terceiro foi un autentico golazo, sacando o balón por un costado e acabando polo outro. E case todo a poucos toques. Unha gran xogada colectiva que acabou dentro das mallas.

Pouco máis que decir, tivemos moitas máis ocasións, e o resultado do partido tiña que haber sido moito máis abultado.


Saúdos.
avatar
Lucho
Admin


Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Laraño 0-3 Taragoña ( 24/01/10 )

Envío  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro