Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10)

3 participantes

Ir abajo

Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10) Empty Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10)

Mensaje  kasillas9 Lun Ene 18, 2010 10:43 pm

Chegaba a este partido o Taragoña moi necesitado de puntos e ca obligación de gañar pra así distanciarse dun rival directo nestes momentos, e a súa vez achegarse un chisco ós seguintes clasificados. Xogaríase este encontro no campo de Santa Lucía xa que no dea Lomba xa comezaron as obras de remodelación ( o problema e que non sabe nadie cando as acabarán...seas acaban, claro).

Para este partido o once inicial elixido por Miguéns sería o seguinte;
Yuli na portería, cunha defensa de cinco, formada con Teaio e Tembra de laterais e de Penca, Lepe e Carro de centrais, con Emilio e Manel por diante, con Rafa como enganche coa dianteira formada por Ita e Berto.
Comezou o partido sen un dominador claro encanto á ocasións, pero cunha moi boa noticia, viase ó equipo unido e pelexando todos, todos cada balón demostrando as gañas de conseguila victoria. Pronto chegaría o primeiro gol do Taragoña, nun centro de Ita que Berto no primeiro pao non é que de empurrar e Teaio no segundo tras un erro do central visitante marca dentro da área pequena. As cousas poñeríanse costa arriba máis aínda coa expulsión do central visitante por protestar. Máis tarde nun saque de corner Ita faría o segundo tanto para dar máis tranquiladade ao cadro dos de Miguéns, nun bo remate de cabeza. Antes do descanso salientar unha moi boa parada de Yuli, que os visitantes xa estaban gol. Na segunda metade o equipo seguiría pelexando igual ata que no tramo final de encontro un moi bo centro de Teaio é aproveitado por Berto pra finiquitar o partido co terceiro gol.

Particularmanete creo que o campo de Santa Lucía e moi bo pra nos polas dimensións que ten, polo menos na miña opinión. Con respeto ao equipo nada que decir soamente felicitalo pola gran entrega que se puxo no terreo de xogo en cada acción. Creo que este é o camiño a seguir. O próximo partido será o Laraño coi que teremos que ter coidado xa que por ser o colista non vai ser doado se non corremos como este domingo, e se non que llo pregunten ao Porto do Son, que esta semana pinchou na casa contra él. Animo rapaces que así pronto sairemos dos postos de abaixo.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10) Empty Re: Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10)

Mensaje  Lucho Lun Ene 18, 2010 11:27 pm

Pois si, nada moito máis que decir. Bo partido, e ante todo, moi boa actitude.


So seguir así e so nos queda seguir medrando no noso xogo.


Ánimo compañeiros!!
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10) Empty Re: Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10)

Mensaje  kasillas9 Miér Ene 20, 2010 5:53 pm

Creo que ma miña crónica ouvo varios erros, como por exemplo os postos dos xogadores, ainda que si foron eses non son exactamente as súas posicións. Se alguien pode que as corrixa, que a min non me acordan exactamente, Grazas e peron polo erro.
kasillas9
kasillas9


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10) Empty Re: Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10)

Mensaje  Penka Lun Ene 25, 2010 1:38 pm

Bueno, eu penso que en liñas xerais fixemos un bo partido, e sobre todo que pelexmoas todos os balóns. Boa actitude. Hai que seguir así. Very Happy

Penka


Volver arriba Ir abajo

Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10) Empty Re: Taragoña 3 - 0 Agrón ( 17/01/10)

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.