Patapun pa riba
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Brión 1 - Taragoña 0 (03-01-10)

2 participantes

Ir abajo

Brión 1 - Taragoña 0 (03-01-10) Empty Brión 1 - Taragoña 0 (03-01-10)

Mensaje  Penka Sáb Ene 16, 2010 7:17 pm

Empezaba a segunda volta e co ánimo, como non, de conseguir un resultado positivo (algo que fai tempo que non logramos). Pero desta tampouco pudo ser. Outra vez teriamos as partes diferenciadas, unha primeira parte na que non estuvemos acertados, e unha segunda parte na que estuvemos ben.
Empezaba a primeira parte cunha ocasión moi clara para nós, un centro dende a banda que non conseguimos rematar diante da portería. Parecía que iamos por bo camiño, pero non conseguimos continuar na mesma dirección. Pouco a pouco o rival foinos gañando terreo e terminamos defendendo. Por este motivo, a mediados da primeira parte, tuvemos unha ocasión en contra que o rival non soubo acertar a porta case baleira despois dun pase dende a banda. Cando todo parecía que ía chegar ó descanso en táboas, non foi así, erramos nun despexe que foi para a nosa portería, e cando o bañón caía desde o cielo, non se atallou e quedou a pracer para xogador do equipo rival que empuxou ó fondo das mallas.
Empezaba a segunda parte e outra vez a remolque no marcador. E doutra vez o equipo empezaba a dominar ó inicio desta metade. Desta vez non desfalecemos como na parte anterior e conseguimos crear dúas ou tres ocasións, pero non fomos capaces. Chegabamos cara o final do partido, e nunha xogada intentando acadar o empate, o árbitro sinalou unha pena máxima nun último suspiro para nós. O resultado foi que se errou este lanzamento e marcahamos con outra derrota, a sorte non nos sorriu desta vez tampouco

Penka


Volver arriba Ir abajo

Brión 1 - Taragoña 0 (03-01-10) Empty Re: Brión 1 - Taragoña 0 (03-01-10)

Mensaje  Lucho Lun Ene 18, 2010 3:30 pm

So podo opinar da segunda parte, pois foi a que vin. E nesa segunda parte o encontro foi dominado e tiveronse ocasións, a pena foi non materializalas. Para o ánimo do equipo foi duro perder este partido da maneira que se perdeu pero sabemos como repoñernos.
Lucho
Lucho
Admin


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.