Taragoña Ribeira
Abanqueiro - Taragoña
Taragoña - Lesende

Lampón 2-1 Taragoña ( 8/12/09 )

Ir abajo

Lampón 2-1 Taragoña ( 8/12/09 )

Envío  kasillas9 el Mer Dec 09, 2009 10:54 pm

Chegaba o Taragoña ao campo da miina, para enfrontarse ao Atl. Lampón. Ainda na cabeza a derrota o pasado sábado ante o Porto do Son. Enfrontábanos a un equipo moi xoven pero con moi boa pinta. Saltaba o Taragoña ó terreo de xogo co seguinte once inicial:

Iván

Chopo Lepe Penca Tembra

Morrillo Manel

Teaio Milú

Berto

Ita


Empezou mal a cousa outra semana máis e outra semana máis outro erro en defensa, esta vez de Iván, costounos un gol en contra. E outra semana máis outra vez a remolque no marcador. E co que nos custa facer goles.... esto pintaba mal. Pero Ita ( está en racha ) tras un moi bo centro de Chopo, aproveitouno para rematalo ao fondo das redes da portería local. So salientar un par de ocasións para caada lado que ningún foi capaz de materializar. Saíu o Traragoña con máis gañas que xogo na segunda metade, e empezaba a encerrar ao Lampón no seu campo ( con chegadas á área, pero hai que decilo sen rematalas xogadas ), defeito creo que poucos tiros temos nesta segunda metade, a pesares de ter a posesión do balón. Cando mellor, na miña opinión, estaba o Taragoña outro erro en defensa outro gol en contra. E outra vez a remolque, pero esta vez non seríamos capaces de volver igualar o marcador. Creo que o equipo acusou esra duro golpe, e moito, xa que empezamos a perder balón tras balón, quizais, por demasiadas gañas de chagar rápido arriba, causa das gañas de poder sacar un triunfo dunha vez, na miña opinión. Así outra vez outra derrota. Agora a esperar o vindeiro partido e intentar sacalos tres puntiños que moita faltiña nos fai.
Facer unha aclaración:
Creo que o euipo está correndo e traballando cada partido, non creo que sea falta de gañas dende logo. Na miña opinión creo que a sorte non está da nosa parte dende logo, xa que cada erro que temos nos está a custar un gol en contra, (ver videos ) por se algén non me cre.

A miña pregunta para que ma queira cantestar, é a seguinte:
¿Empeza o Taragoña a desesperarse tras as últimas derrotas?

Volver arriba Ir abajo

ANIMO

Envío  reporteira el Ven Dec 11, 2009 9:35 pm

Hola a tod@s:
Preséntome... son a reporteira gráfica que cada domingo inmortaliza as vosas xogadas.
Apetecíame escribirvos, non para falar dos partidos e menos facer unha crítica xa que son consciente de que a miña idea de fútbol é mínima, pero si para animarvos como cada domingo a que non decaiades. Últimamente, vesevos entregados, pero parece que iso non é suficiente, inda que tamén é certo que a maioria das veces a sorte non está do voso lado. Por esto quería decirvos que sigades traballando duro para que o voso esforzo se vexa recompensado e deste xeito podamos celebralo convosco dende a grada, que inda que non o pareza estamos ahí apoiándovos cada partido.
Pido para nós un aplauso de agradecemento dende o campo.
Espero que a cea desta noite vos sirva para debatir sobre os vosos erros e crear unión entre o equipo.
Saúdos e sorte para o próximo domingo.

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro